Leira (agricultura)

Tipo de terreo cultivado

Na agricultura unha leira, un agro, unha veiga ou un campo, é un terreo de labranza, unha zona de cultivo[1]. As estremas deste terreo son a miúdo marcadas por un valo, un derrego, un comareiro, un lindeiro, unha sebe ou valados de pedra.

Vincent van Gogh, Auvers, 1890
Leira en Bélxica polo verán

Tipos editar

As leiras pódense dividir segundo a función nestes grupos principais:

Segundo a rega editar

Segundo o uso editar

  • Veiga: Terreo baixo, amplo e fértil, xeralmente ás beiras dun río.
  • Cortiña, eixado ou eirado, terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ao cultivo de cereais, hortalizas ou patacas.
  • Varcia ou varxa: Terreo chan e fértil situado nas marxes dun río, que é frecuentemente anegado por este.
  • Eido: terreo cultivado, que pode estar entre as terras que rodean a casa ou non; moitas veces é a propia propiedade.
  • Eirado ou airado, terreo de cultivo, polo xeral de pouca extensión e próximo á casa.
  • Eixido ou enxido, terreo de pouca extensión contiguo á casa, onde polo xeral se cultivan hortalizas.
  • Horta: terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras legumes e hortalizas e tamén nalgúns casos árbores froiteiras (pequeno tamaño).
  • Pomar: terreo ou horta plantada de árbores froiteiras, especialmente de maceiras.
  • Pasteiro: terreo cuberto de herba onde se leva o gando a pacer.
  • Senra ou seara: campo labrado á parte, xeralmente con cereais.
  • Coutada: terreo que se acouta para que medre o pasto, non é xeralmente cultivado.
  • Touza ou touceira, terreo cerrado, con vexetación de árbores ou mato alto.
  • Bouza ou poula, terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, uces etc.
  • Devesa, terreo extenso, poboado de árbores non moi mestas, normalmente valado ou cercado.

Notas editar

Véxase tamén editar