Regadío
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Irrigación" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas sigue estes pasos. |
O regadío consiste en achegar auga ao chan para que os vexetais teñan a subministración que necesitan favorecendo así o seu crecemento. Utilízase na agricultura e na xardinería.
A agricultura do regadíoEditar
A agricultura de regadío consiste na subministración de importantes cantidades de auga aos cultivos a través de diversos métodos artificiais de rega. Este tipo de agricultura require grandes investimentos económicos e unha coidada infraestrutura : canles, irrigadores etc., que esixe, á súa vez, un desenvolvemento técnico avanzado. Entre os cultivos tipicamente de regadío destacan os froiteiras, o arroz, o algodón, as hortalizas e a remolacha.
MétodosEditar
Os métodos máis comúns de rega son:
- Por sucos.
- Por inundación, xeralmente, en socalcos.
- Por irrigación. A rega por aspersión rocía a auga en pingas pola superficie da terra, asemellándose ao efecto da choiva
- Por infiltración ou canles.
- Por goteo ou rega localizada. A rega de goteo libera pingas ou un chorro fino, a través dos buracos dunha tubaxe plástica que se coloca sobre ou debaixo da superficie da terra.
- Por drenaxe.
O método principal de entrega de auga ao campo é a rega por inundación ou de asuco. Outros sistemas empregan irrigadores e rega de goteo. Aínda que sexan técnicas relativamente novas, que requiren un investimento inicial máis grande e manexo máis intensivo que a rega de superficie, a rega por aspersión e o de goteo supoñen unha mellora importante na eficiencia do uso da auga, e reducen os problemas relacionados coa rega.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: regadío |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
O regadío en solos agrícolas (en castelán)
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |