Gelidium sesquipedale
Gelidium sesquipedale | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gelidium sesquipedale | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Gelidium sesquipedale (Clemente) Thuret, 1876 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Gelidium sesquipedale, actualmente clasificada como Gelidium corneum,[1] é unha especie das rodófitas (algas vermellas) da familia das xelidiáceas (Gelidiaceae), unha das numerosas comprendidas no xénero Gelidium.[2]
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1728 polo farmacéutico e botánico inglés William Hudson, na páxina 474 da súa obra Flora Anglica baixo o nome Fucus corneus.
Sinónimos
editarAdemais de por Gelidium sesquipedale e Gelidium corneum, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Delesseria cornea (Hudson) Greville, 1828
- Fucus corneus Hudson, 1762 (protónimo)
- Fucus corneus var. sesquipedalis Clemente, 1807
- Gigartina cornea (Hudson) S. F. Gray, 1821
- Nereidea cornea (Hudson) Stackhouse, 1816
- Sphaerococcus corneus (Hudson) Stackhouse, 1797
Nota taxonómica
editarA maioría dos autores clasifican a especie como Gelidium sesquipedale, porén, na actualidade (2021), a base de datos WoRMS clasifícaa como Gelidium corneum.[1]
Características
editarO seu talo alcanza unha envergadura de 35 a 40 cm de lonxitude, e é de corvermella escura e de consitencia cartilaxinosa. Os eixes principais, normalmente duns 2 mm de anchura, non se ramifican na metade inferior.[3]
As ramas dos extremos apicais son curtas e de igual lonxitude. As ramas dispóñense sempre nun mesmo plano, é dicir, son dísticas.[4]
Fíxase ao substrato por filamentos rastreiros dos que saen os eixes principais.[3]
Distribución
editarVive canda as algas calcarias, como Litophyllum e Corallina, xa que prefire substatos calcarios, sobre as rochas máis inclinadas na zona litoral,[3] permanentemente somerxida, ou ben nos niveis máis baixos das áreas descubertas polas mareas.
Tamén pode encontarse como epífita sobre as Laminarias, nos niveis mesolitoral inferior e infralitoral.[3]
Distribúese pola costa Atlántica e a Mediterránea occidental. É frecuente na costa Cantábrica, onde desenvolve as súas mellores poboacións nos lugares máis expostos ás ondas.
Trátase dunha alga formadora de copas que crea auténticas praderías, especialmente no Cantábrico occidental.
Usos
editar- Artigo principal: Ágar-ágar.
Esta alga tan común nas costas citadas é moi importante desde o punto de vista industrial, pois dela extráese o ágar-ágar.
O ágar-ágar é unha mestura de polisacáridos, composta por moléculas neutras (agarosas) e outras cargadas electricamente (agaropectinas). Algunhas das propiedades do ágar-ágar son: a súa disolución en auga fervendo, formando, cando arrefría, un xel que non volve a fundir até superados os 85 °C (dependendo do tipo de ágar-ágar); non necesita adición de ningún produto químico para xelificar; ten maior consistencia de xel que ningún outro hidrocoloide, e pódese utilizar nunha ampla marxe de pH e mesturado con outras gomas, carbohidratos e proteínas.
Este polisacárido utilízase como soporte de crecemento de bacterias en microbioloxía, adicionándolle distintos tipos de nutrientes segundo o tipo de bacteria que se quere cultivar.
Como aditivo na industria alimentaria utilízase en moitos produtos, sobre todo de repostaría (aparece como E-406).
Tamén se utiliza na industria farmacéutica como excipiente, e en odontoloxía.
Nomes vulgares galegos
editarSegundo Concepción González el al., a especie coñécese en Galicia cos nomes vulgares de carrumeiro e marullo.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gelidium corneum (Hudson) J.V.Lamouroux, 1813.
- ↑ xénero Gelidium J.V.Lamouroux, 1813 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 González, García Álavarez & Míguez Rodríguez 1998, p. 100.
- ↑ "Gelidium corneum". Naturaleza y turismo (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gelidium sesquipedale |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gelidium sesquipedale |
Bibliografía
editar- González, Concepción, Óscar García Álavarez e Luís Míguez Rodríguez (1998): Algas mariñas de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-263-X.
- Guiry, M. D. & Guiry, G. M. (2017): Gelidium corneum, en AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 12 de febreiro de 2021.
- Lamouroux, J. V. F. (1813): "Essai sur les genres de la famille des thalassiophytes non articulées". Annales du Muséum d'Histoire Naturelle, París Gelidium corneurm, páxina 129.
Ligazóns externas
editar- G., D. (7 de novembro de 2014). "Anduxía alerta de la desaparición de "carrumeiros" y pide investigar las causas". Faro de Vigo. Consultado o 12 de febreiro de 2021.