Algas vermellas

(Redirección desde «Rhodophyta»)
Algas vermellas
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Filo: Rhodophyta
Wettstein, 1922
Clase

A división ou filo Rhodophyta integra o que coñecemos vulgarmente coma algas vermellas. Probabelmente constitúen un dos grupos de algas eucariotas máis antigos. Semella que teñen moitas características comúns coa división Glaucophyta. Son un grupo homoxéneo, xa que só contén unha clase sistemática, Rhodophyceae, e que conta con aproximadamente unhas 5.000 especies de auga mariña na súa meirande parte. As especies dulceacuícolas adoitan atoparse en ambientes lóticos. A maioría das rodofíceas son pluricelulares, e só coñecemos uns once xéneros unicelulares.

Os principais pigmentos fotosintéticos son a clorofila a e d, e ás veces incluso poden presentar clorofila e. O pigmento carotenoide por excelencia é a zeaxantina. Mais os pigmentos característicos deste grupo botánico constitúeno as chamadas ficobiliproteínas, que forma parte dos ficobilisomas. Como substancia de reerva empregan o floridósido, e a longo prazo acábano por transformar nunha substancia amilácea chamada amidón de florídeas.

Neste grupo atópanse a maioría das algas que secretan carbonato de calcio e cumpren un rol maior na formación dos arrecifes de coral. Algunhas algas vermellas, por exemplo a dulse ou o nori, son empregadas como alimento e para producir agar, carraxenanos e outros aditivos alimenticios.

Taxonomía

editar

As diversas eucariotas que compoñen as algas vermellas foron foco de numerosas investigacións recentes e fica unha rica fonte de especies pequenas aínda non descritas pola taxonomía tradicional. Os estudos moleculares deixan ás algas nas Arqueoplástidas (Plantae sensu lato), mais a clasificación supraordinal limitouse ao debate do nivel clase vs. subclase para os dous subgrupos recoñecidos, un dos cales é considerado como parafilético. Este limitado enfoque ocultou en gran medida a necesidade de modificación da clasificación algal.

Abaixo hai dúas taxonomías de algas vermellas publicadas que son válidas, aínda que necesariamente ningunha das dúas ha ser definitiva, xa que a taxonomía algal está aínda en continuo desenvolvemento. Nótese tamén que hai un debate científico continuo sobre se as Rodofitas han ser incluídas no Reino Protista ou no Reino plantae. Estes dous sistemas de clasificación, nos cales as algas ubícanse no Reino Plantae, son amosados na táboa.

Sistema de clasificación de acordo a
Hwan Su Yoon et al. 2006[1]
Sistema de clasificación de acordo a
Saunders and Hommersand 2004[2]
Reino Plantae Haeckel Reino Plantae Haeckel

Pigmentos

editar

As Rodofitas posúen tres tipos de pigmentos:

Ecoloxía

editar

A maioría das especies mariñas ou dulcicuícolas forman parte do bentos, e se reparten por case tódolos mares do planeta. Especies como Bangia adaptáronse a viviren na zona intermareal, aínda que no verán sobrevive na zona infralitoral en fase Conchocelis. As algas vermellas poden ser tamén parasitas. Distinguimos dous tipos de parasitos:

  • Adelfoparasitos: presentan relacións de parentesco moi próximas cos seus hóspedes, é dicir, adoitan ser da mesma familia ou orde.
  • Aloparasitos: Non teñen relación directa cos seus hóspedes.

Neste grupo atópanse a maioría das algas que secretan carbonato de calcio e cumpren un rol maior na formación dos arrecifes de coral. Algunhas algas vermellas, por exemplo a dulse ou o nori, son empregadas como alimento e para producir agar, carraxenanos e outros aditivos alimenticios.

Galería

editar
  1. Yoon, Hwan Su, K. M. Müller, R. G. Sheath, F. D. Ott, e D. Bhattacharya. (2006). Defining the major lineages of red algae (Rhodophyta). J. Phycol. 42:482-492
  2. Saunders, Gary W., Hommersand, Max H. (2004). Assessing red algal supraordinal diversity and taxonomy in the context of contemporary systematic data. Am. J. Bot. 91: 1494-1507