A agaropectina é un dos dous principais compoñentes do ágar-ágar (o outro é a agarosa).[1] A diferenza da agarosa, a agaropectina non pode formar un xel por si mesma, aínda que sábese que favorece a xelificación do ágar-ágar.[2]

Estrutura editar

 
A estrutura da agaropectina

A agaropectina é unha mestura de galactanos sulfatados cargados que supón un 30% da composición do ágar-ágar. Contén D‐galactosa, 3,6‐anhidro‐L‐galactosa, unidas por enlace glicosídico β-1-3, e unidades monoesterificadas de ácido sulfúrico. Algunhas mostras procedentes de certas algas poden conter outros compoñentes como unidades de piruvato, L‐arabinosa e o D-glicuronato.[3][4][5] O ácido pirúvico está posiblemente unido en forma de acetal a residuos de D-galactosa do esqueleto do polisacárido. O contido de sulfato do ágar-ágar depende da fonte da materia prima da cal se deriva, que poden ser distintas especies de algas.[6][7] A acetilación da agaropectina rende o acetato de agaropectina insoluble en cloroformo, a diferenza do acetato de agarosa. Este proceso pode ser utilizado para separar os dous polisacáridos por fraccionamento.[8]

Uso editar

A agaropectina non ten valor comercial e é desbotada durante o procesamento comercial do ágar-ágar, e o ágar de grao alimentario está principalmente composto de agarosa cun peso molecular duns 120 kDa.[9]

Notas editar

  1. "Agaropectin". U.S. National Library of Medicine. Consultado o September 30, 2017. 
  2. Katsuyoshi Nishinariab, Yapeng Fangab. Relation between structure and rheological/thermal properties of agar. A mini-review on the effect of alkali treatment and the role of agaropectin. Food Structure. Volume 13, xullo de 2017, Páxinas 24-34. [https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S2213329116300429 ]
  3. Oxford Reference [https://www.oxfordreference.com/view/10.1093/oi/authority.20110803095355337 Agaropectin] do Oxford Dictionary of Biochemistry and Molecular Biology (2 ed.). Editado por Richard Cammack, Teresa Atwood, Peter Campbell, Howard Parish, Anthony Smith, Frank Vella, and John Stirling. Oxford University Press. 2006. ISBN-13: 9780198529170
  4. CHEBI agaropectin
  5. The Fre Dictionary by Fair Faxlex [https://medical-dictionary.thefreedictionary.com/agaropectin agaropectin]
  6. Yu Zhang, Xiaoting Fu, Delin Duan, Jiachao Xu & Xin Gao. Preparation and characterization of agar, agarose, and agaropectin from the red alga Ahnfeltia plicata. Journal of Oceanology and Limnology, volume 37, pages 815–824 (2019) [1]
  7. Yashuhito Tsuchiya, Kap Chun Hong. Agarose e agaropectin in Gelidium e Gracilaria agar. Proceedings of the Fifth International Seaweed Symposium, Halifax, August 25–28, 1965. 1966, Pages 315-321. [2]
  8. M. Thain; M. Hickman (2001). The Penguin Dictionary of Biology. Demco Media. ISBN 978-0-606-20848-2. 
  9. Nussinovitch (6 December 2012). Hydrocolloid Applications: Gum technology in the food and other industries. Springer Science & Business Media. pp. 6–. ISBN 978-1-4615-6385-3.