Bilifitas

(Redirección desde «Biliphyta»)
Bilifitas
Biliphyta

Primeiro plano dunha alga vermella
(Laurencia sp.), das augas mariñas de Hawai
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Biliphyta
Cavalier-Smith, 1981
Filos
Véxase o texto

A das bilifitas (Biliphyta) é un subreino de plantas do grupo das algas.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O subreino foi descrito en 1981 polo biólogo anglo-canadense Thomas Cavalier-Smith.[1]

Clasificación

editar

O subrerino subdivídese en dous filos:[2]

Notas taxonómicas

editar

Inicialmente, Cavalier-Smith suxiriu en 1981 que este grupo se trataría dun reino​,[3] pero logo consideraríao un subreino dentro da clasificación das plantas.

A unidade deste grupo foi confirmada posteriormente sobre a base de estudos filoxenómicos sobre as proteínas transferidas desde os cloroplastos ao núcleo celular e as secuencias de xenes dos cloroplastos,[4] polo que o seu nivel taxonómico podería estar validado.[5]

Porén, diversas análises filoxenéticas denotan que a monofilia deste grupo non está consensuada. Neste sentido cómpre destacar que o WoRMS só admite, dentro do subreino, o filo das rodófitas.[6]

Características

editar

Estas algas caracterízanse por teren ficobilisomas, complexos proteicos (formados por até 600 polipéptidos) ancorados ás membranas dos tilacoides.

  1. Biliphyta en AlgaeBase.
  2. Biliphyta no ITIS.
  3. Cavalier-Smith, T. (1981): "Eukaryote kingdoms: Seven or nine?" Biosystems 14 (3–4): 461–481.
  4. ​Philippe Deschamps & David Moreira (2009): "Signal Conflicts in the Phylogeny of the Primary Photosynthetic Eukaryotes" Mol. Biol. Evol. 26 (12): 2745-2753.
  5. ​Ruggiero, M & D. Gordon, eds. (2014): Consensus Management Hierarchy for the ITIS & Species2000.
  6. Biliphyta no WoRMS.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2017): Subkingdom Biliphyta en AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 12 de febreiro de 2021.