Jean Vincent Félix Lamouroux


Jean Vincent Félix Lamouroux, nado o 3 de maio de 1779 en Agen, e finado o 26 de marzo de 1825 en Caen, foi un biólogo e naturalista francés.

Infotaula de personaJean Vincent Félix Lamouroux

Jean Vincent Félix Lamouroux
Biografía
Nacemento3 de maio de 1779
Agen
Morte26 de marzo de 1825
Caen
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFicoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo, naturalista
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaJ.V.Lamour. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLamouroux Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Academia de Ciencias de Francia

Traxectoria editar

Jean Vincent Félix Lamouroux seguiu cursos de Botánica na Escola Central de Agen. Interesouse moi particularmente nos organismos mariños (algas, hidrozoos, etc). En 1805, publicou unha Dissertation sur plusieurs espèces de Fucus. En 1807 instalouse en París, onde foi nomedo membro correspondiente da Academia de Ciencias de Francia e, en 1808, foi profesor adxunto de Historia Natural na Academia de Caen, e en 1811, ocupou a cadeira de profesor titular ordinario. Xunto co seu amigo Jean-Baptiste Bory de Saint-Vincent, o doutor Jacques-Amand Eudes-Deslongchamps, Dominique F. Delise e Sébastien R. Lenormand participou na fundacín da "Sociedade Linneana de Calvados". Tamén foi o director do Xardín botánico de Caen.

Contribuíu con numerosos artigos nos "Annales générales des sciences physiques" (1819-1821) e no Dictionnaire classique d'histoire naturelle (1822-1831), que promoveu Bory de Saint Vincent en Agen.

En 1813 presentou unha organización da clasificación das algas, que o ficólogo inglés Dawson Turner, padrastro do botánico William J. Hooker, adoptou e aclamou como enxeñoso e que daba unha comprensión global deste tema. A Jean Vincent Lamouroux débese a distinción entre as algas verdes, as algas pardas e as algas vermellas.

En bioloxía mariña interesouse tamén igualmente polos animais fixos:

  • Classification des polypiers coralligènes flexibles, vulgairement nommé zoophytes. 1816, Caen.
  • Exposition méthodique des genres de l'ordre des polypiers. 1821, París.

En 1821 publicou o Résumé d’un cours élémentaire de géographie physique, expoñendo as bases da aerografía, a hidrografía, a astronomía e a xeognosia.

Lamouroux tamén se interesou nos fósiles: descubriu cos seus alumnos fósiles de réptiles en Normandía (orixinando unha célebre polémica entre Georges Cuvier e Étienne Geoffroy Saint-Hilaire en 1825-1830), e publicou un tratado sobre este tema.

En 1822 Jules Dumont d'Urville, que realizara os seus estudos en Caen, e que preparaba unha expedición polo mundo a bordo de La Coquille, pediulle a Lamouroux o seu apoio para a descrición de mostras de pólipos que recollera nesa exploración.

Algunhs publicacións editar

Abreviaturas editar

A abreviatura J.V.Lamour. emprégase para recoñecer a Jean Vincent Félix Lamouroux como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[1]

A abreviatura Lamouroux emprégase para indicar a Jean Vincent Félix Lamouroux como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hervé Ferrière (2006): "Bory de Saint-Vincent (1778-1846), essai biographique", tese Univ. París-1.
  • Philippe Lauzun (1893): Les Lamouroux, une famille agenaise. Agen: Imp. Lamy.