Escribenta amarela

paxaro da familia das escribentas

A escribenta amarela, escribente amarelo[1] ou escribenta real (Emberiza citrinella) é un paxaro (Passeriformes) de familia das escribentas (Emberizidae). É un dos representantes da familia máis comúns en Europa, onde vive dende Escandinavia central ó norte de España é de Irlanda ata Asia.

Escribenta amarela

Emberiza citrinella.ogg Song
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Xénero: Emberiza
Especie: E. citrinella
Nome binomial
Emberiza citrinella
Linnaeus, 1758
Distribución en Galiza
Distribución en Galiza

Distribución en Galiza

Descrición editar

É un paxaro robusto, de bico groso, que mide uns 16 ou 17 cm. de lonxitude e pesa de 25 a 30 gramos. Os machos teñen, na época de cría, plumaxe amarela, a cabeza é amarela brillante con algunhas listas acastañadas, á parte inferior é tamén marela, o peito vermello e as plumas que cobren as ás son de cor gris tirando a marrón. As femias son de cor castaña agrisada, con matices amarelos na gorxa e no ventre. Fora da época de cría a plumaxe do macho é semellante á da femia.

Distribución xeográfica e Hábitat editar

Cría en case toda Europa e boa parte de Asia. Foi introducido en Nova Zelandia en 1862, onde é agora probablemente máis abundante ca en Europa, onde diminuíu moito. En Europa e Asia máis dos exemplares son residentes, pero algúns dos que viven máis

Viven en zonas abertas nas que haxa soutos, sebes ou arbustos. No inverno forman bandadas que procuran sementes sobre os campos.

 
Macho cantando

Alimentación editar

Aliméntanse principalmente de sementes, aínda que comen tamén insectos, en especial cando están criando.

Canto editar

Quixera ser escribenta
pra che escribir, meu amado;
voar coa carta no bico,
poder estar ó teu lado...

O canto é máis axiña monótono e metálico, e amosa certas variacións que permiten diferenciar ós paxaros máis novos dos máis vellos.

Reprodución editar

 
Emberiza citrinella

Fan os niños no chan ou preto do chan. As femias poñen de tres a cinco ovos, que choca uns 14 días. Outros catorce días despois de rompe-la casca os paxaros novos poden xa voar.

Emberiza citrinella

Status editar

Nos anos 1990, calculábase que había uns 20 millóns de parellas reprodutoras de escribenta amarela. As poboacións reducíronse desde esa época. Segundo a IUCN a poboación total sería de entre 35 e-62 millóns de individuos, o que non colocaría a ave na lista de especies ameazadas

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar