Praia de Morouzos

praia en Luama, Ortigueira

A praia de Morouzos é o nome co que se coñece un dos extremos dun extenso areal na parroquia de Luama, no Concello de Ortigueira. O outro extremo é a praia de Cabalar. Conta cunha importante extensión dunar e dun piñeiral cunha área recreativa que conta con lareiras, bancadas e xogos infantís.

Praia de Morouzos
Características xerais
Lonxitude2.000 m
Largo medio110 m
Grao de ocupaciónMedia
Grao de urbanizaciónNingún
Paseo marítimoNon
Características específicas
ComposiciónFina
Tipo de areaEscura
Condicións do bañoOndas moderadas
Aspectos medioambientais
Bandeira AzulSi
Accesibilidade
Tipo de accesoPasarelas
Sinalización do accesoSi

Situada nunha contorna rural, trátase dun areal orientado cara ao norte na desembocadura da ría. Ten unha lonxitude aproximada de 2.000 metros e unha anchura duns 110 metros. O grao de ocupación adoita ser medio debido ao seu parcial illamento.

É característica a cor negra da area así como as ondas moderadas. É meritoria da bandeira azul polo seu elevado número de servizos; a praia conta con aseos, duchas, pasarelas de acceso, papeleiras, servizo de limpeza, equipo de vixilancia e salvamento, sinalización de perigo, posto de socorrismo e aparcadoiro de gran capacidade.

Enfronte atópase a Illa de San Vicente, á cal pódese acceder a pé, con precaución, durante a baixamar, desde onde contemplar as vistas sobre a ría de Ortigueira.

No piñeiral anexo á praia adoitan acampar de xeito gratuíto os asistentes ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Galería de imaxes

editar

Acampada durante o Festival Celta