Cabo Ortegal

accidente xeográfico no concello de Cariño

Coordenadas: 43°46′20″N 7°52′05″O / 43.77222222, -7.86805556

Ortegal é un cabo situado no concello de Cariño. É un dos punto máis setentrionais da Península Ibérica, só superado polo cabo da Estaca de Bares. Dende este cabo e ata a fronteira portuguesa atópase unha das costas máis recurtadas do continente europeo, só comparable ás costas bretoas.

Cabo Ortegal.

Paisaxe editar

 
CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

A localidade máis próxima é Cariño, porto pesqueiro de importancia e lugar dende o que se chega ao cabo Ortegal e ao seu faro. Á dereita esténdese a ría de Ortigueira cos seus cantís e os seus areais. Preto do cabo, as ladeiras gañan en verticalidade e altura para configurar un lugar maxestoso. O cabo Ortegal é, en realidade, unha ampla arcada que se abre ao océano franqueada por dous saíntes rochosos: a punta do Limo, ao oeste, e a punta dos Aguillóns ao leste. É nesta onde se empraza o faro do cabo Ortegal, unha torre cilíndrica pintada de branco e vermello, dende a cal pode divisarse:

  • De fronte ao faro, os tres aguillóns, tres farallóns afiados constantemente erosionados, onde os percebeiros arriscan a súa vida para conseguir percebes. Este impresionante conxunto xa foi citado hai 19 séculos polo grego Tolomeo co nome de Trileuco, que podería traducirse por os tres brancos, posiblemente referíndose á escuma branca que golpea os farallóns, ou quizais ao guano xerado pola gran colonia de araos que alí había, a máis importante de España, extinguida na década de 1970.
  • Ao leste asómase o cabo de Estaca de Bares, o punto máis ao norte de España.
  • Ao oeste, os cantís van gañando en altura sobre o Atlántico. Divísase en primeiro termo a Punta do Limo. Tras ela, a cota máxima de 613 m sobre o mar, Vixía de Herbeira. Este enclave cariñés é o cantil mariño máis alto non só de España, senón do centro e sur de Europa, tan só superado por algúns fiordes noruegueses.
 
Vista do cabo Ortegal dende o seu camiño de acceso.

Xeoloxía editar

Ortegal é ademais un complexo xeolóxico de interese internacional. Algúns dos seus materiais xurdiron da colisión de anacos continentais do Atlántico norte e Báltico. Rochas básicas, ultrabásicas, gneis ou ecloxitas (pedras de gran dureza e moi resistentes á erosión) abundan na contorna do cabo. Mais é o granito negro a rocha máis espectacular desta paraxe, xa que as que aquí se atopan, son as máis antigas da Península Ibérica e as 4ª do planeta, de antigüidade semellante a algunhas en Australia, Canadá ou Polonia. Este granito negro formouse baixo a superficie terrestre, a partir do magma, hai aproximadamente 1.160 millóns de anos[1],[2] o que, á súa vez, implica que a Península Ibérica é anterior á chamada explosión da biodiversidade na Terra.

Naquela época a terra tiña unha aparencia "bastante inhóspita". Só existían seres vivos unicelulares, a atmosfera era pobre en osíxeno e o sol era un 10% menos brillante, segundo os investigadores. Estas rochas permaneceron a gran profundidade ata que afloraron cando os continentes, que estaban agrupados nun só, Panxea, dividíronse, o que produciu un cantil de máis de 600 metros de altura.

Flora e fauna editar

Durante a primavera, as repisas e fendas dos cantís son ocupadas por centos de gaivotas patiamarelas, e en moito menor número por outras especies como a choia biquivermella, o paíño común, o merlo azul o corvo mariño cristado ou o falcón peregrino.

Coa chegada do outono, numerosas aves mariñas de decenas de especies diferentes migran cara ao sur fronte a este cabo, convertido así (xunto coa Estaca de Bares) nun dos mellores lugares de Europa para estudar as súas viaxes dun mar a outro. Tamén é habitual contemplar cetáceos como delfíns, caldeiróns e, en ocasións, baleas.

Interese ambiental e xeolóxico editar

 
Cabo Ortegal.

Polo seu interese de conservación ambiental, desde ornitolóxico a paisaxístico, está incluído na zona especial de conservación (ZEC) Costa Ártabra e na zona de especial protección para as aves (ZEPA) Costa de Ferrolterra-Valdoviño. O esteiro que ampara este cabo está catalogado tamén como zona húmida da convención de Ramsar.

Ademais, o cabo está dentro do Complexo de Cabo Ortegal que é un lugar de interese xeolóxico, Geosite. Representa unha zona de cantís e macizos montañosos, que son unha floración alóctona que ten a súa orixe no arco volcánico que bordeou ao supercontinente Godwana.[3]

Ruta editar

O cabo Ortegal é a orixe da Gran Ruta de Sendeirismo do Medievo (GR 50). Única deste tipo nas rías altas, une este lugar co centro histórico de Betanzos. A súa duración é de aproximadamente 23 horas de camiñada continua.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar