O merlo azul[2][3][4] (Monticola solitarius) é unha especie de ave paseriforme da familia Turdidae que se caracteriza pola súa plumaxe azulada nos machos adultos.

Descrición editar

É unha ave duns 22 cm de lonxitude, algo máis grande có merlo rubio. A súa plumaxe é parda con pintas claras na femia, e o macho presenta un rechamante ton azulado, máis escuro nas ás. O peteiro é escuro.

Distribución e hábitat editar

Distribúese polo sur de Europa e o noroeste de África, e dende Asia Central até o norte da China e de Malaisia. Habita en rocuedos, cantís e barrancos de orixe fluvial, podendo ocupar ocasionalmente construcións humanas. Os seus desprazamentos limítanse a cambios altitudinaisno inverno.[5]

Comportamento editar

 
Monticola solitarius solitarius

Ten un canto afrautado, que reproduce tanto parado como en voo, máis comunmente na época de celo.[6] A súa posta é de 3 a 5 ovos.[7] Aliméntase dunha gran variedade de insectos, ademais de bagas e outros vexetais.

Ameazas e conservación editar

Esta especie pode verse favorecida por varios factores, como os lumes, as canteiras e minas, que reducen a vexetación e aumentan a superficie de rocha dispoñible para construír os seus niños. Con todo, vese prexudicada por actividades como a presión urbanística sobre as zonas montañosas, a escalada preto dos seus niños, ou a creación de encoros, que alagan gorxas e canóns rochosos.[8]

Notas editar

  1. "Monticola solitarius". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2009. 
  2. Dicionario Digalego merlo Arquivado 17 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. Guía de las Aves de Castilla y León, de Joaquín Sanz Zuasti, Tomás Velasco e Carlos Sánchez, Páx. 273. ISBN 84-933730-2-8
  6. Aves de España, de Eduardo de Juana e Juan M. Varela, Páx. 166, ISBN 84-87334-88-1
  7. "Naturalicante: Monticola solitarius". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2010. Consultado o 03 de xaneiro de 2012. 
  8. "Informe sobre o Monticola solitarius do Ministerio de Medio Ambiente e Agricultura de España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2018. Consultado o 09 de outubro de 2018. 

Ligazóns externas editar