Un fiorde[1] (do noruegués fjord) é un val formado pola erosión que a entrada dun glaciar fixo ao profundar na terra. Normalmente son estreitos e están bordeados por empinadas montañas, que nacen por debaixo do nivel do mar. Os fiordes sitúanse principalmente na costa oeste da península escandinava, onde son un dos elementos xeolóxicos máis emblemáticos da paisaxe.

Vista aérea de fiordes na costa leste de Groenlandia.
Fiorde en Noruega.
Fiorde nas proximidades de Bergen, Noruega.

Formación editar

A súa orixe remonta a hai aproximadamente 12 mil anos, cando o mar ocupou os espazos que os glaciares escavaran na costa atlántica durante so a última Era Glacial. Esas enormes entradas de relevo poden chegar a centos de quilómetros, desde a costa ao interior. Están circundadas por cantís separados entre si por poucos quilómetros.

Atópanse en lugares onde a glaciación (presente ou pasada) chegou ao nivel (actual) do mar. Fórmanse cando un glaciar chega ao mar e se derrete. Isto deixa ao seu paso un val, que queda alagado polo mar ao retirarse o xeo. Adoitan ser longos, estreitos e de gran profundidade.

Os maiores fiordes do mundo son o Scoresby Sund, en Groenlandia con 350 quilómetros de longo, e o Sognefjorden, en Noruega, con 204 km.

Localización editar

Pódense encontrar fiordes ao longo das costas de:

Etimoloxía editar

O termo fiorde é un préstamo procedente do noruegués fjord, á súa vez evolución do protoescandinavo *ferþuz, cunha orixe indoeuropea común a outras palabras europeas como o inglés ford, o grego poros e o latín portus.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fiorde.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar