Bergen
Coordenadas: 60°23′22″N 5°19′48″L / 60.38944, -5.33000
Bergen é a segunda cidade máis grande de Noruega. A cidade atópase situada na costa suroeste do país, no condado de Hordaland, cuxo centro está situado entre un grupo de montañas coñecidas como de Syv Fjell ("As Sete Montañas"). A poboación da cidade era de 242.854 habitantes a 1 de abril de 2006, segundo o Instituto Nacional de Estatística de Noruega (Statistisk sentralbyrå).
Bergen | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Dende arriba e pola esquerda: Centro da cidade, buekorps, Gamlehaugen, Bryggen e Fyllingsdalen. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Vestlandet | ||
Condado | Hordaland | ||
Distrito | Midhordland | ||
Concello | Bergen | ||
Xeografía | |||
Altitude | 987 msnm | ||
Superficie | 465,56 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 270.700 hab. (2012) | ||
Densidade | 580 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 5003-5098 | ||
Alcalde | Trude Drevland (H) | ||
Páxina oficial da Valeta |
Bergen está recoñecida como a capital non oficial da rexión coñecida como Noruega occidental, e é coñecida tamén como a porta aos coñecidos fiordes noruegueses e por iso comezou a ser a un dos máis grandes portos cruceirísticos non só de Noruega se non tamén do mundo.
Bergen é a cidade máis chuviosa de Escandinavia con 235 días de precipitación ao ano (2248 mm).
Historia Editar
A cidade de Bergen foi fundada no s.XI polo rei Olav Kyrre no ano 1070. Celebrou o seu 9º centenario en 1970. Foi a capital de Noruega no s.XIII ata 1299. A finais dese século Bergen converteuse nunha das cidades máis importantes da Liga Hanseática. A principal razón da importancia de Bergen foi o comercio do bacallau seco da costa norte de Noruega, comezado sobre o ano 1100.
Os mercadores haseáticos alemáns viviron no seu propio barrio separado da cidades, onde o baixo alemán era a lingua común, gozando de dereitos exclusivos para o comercio cos mariñeiros do norte que cada verán navegaban ata Bergen. Hoxe, aínda se pode apreciar na zona costeira de Bergen chamada Bryggen, declarada Patrimonio mundial pola UNESCO.
En 1349, a peste negra foi introducida en Noruega pola tripulación dun barco inglés que atracou en Bergen. No s.XV a cidade foi varias veces atacada polos Victual Brothers, en 1429 conseguiron queimar o castelo real e gran parte da cidade. En 1536 o rei conseguiu forzar os mercadores alemáns a converterse en cidadáns noruegueses ou volver ao seu país, o que supuxo o declive da influencia alemá. En 1665 o porto da cidade foi o lugar da sanguinolenta batalla de Vågen, entre barcos ingleses por un lado e os barcos holandeses, apoiados polos cidadáns, do outro.
Aínda así durante os ss. XV e XVI Bergen seguiu sendo a cidade máis grande dos países nórdicos, e seguiu sendo a cidade máis grande de Noruega ata 1850, cando foi superada por Oslo. Bergen conservou o monopolio do comercio co norte de Noruega ata 1789.
En 1916 partes do centro da cidade foron destruídas por un devastador incendio, o último de dos moitos que sufriu a cidade ao longo da súa dilatada historia. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi ocupada o primeiro día da invasión alemá, o 9 de abril de 1940, despois dunha breve batalla entre os barcos alemáns e a artillería costeira norueguesa.
En 1972, Bergen uniuse cos concellos veciños (Arna, Fana, Laksevåg e Åsane), adquirindo así as súas actuais fronteiras.
Galería de imaxes Editar
Predecesor: Weimar |
Capital Europea da cultura xunto con Aviñón Praga Boloña Bruxelas Cracovia Helsinqui Reiquiavik Santiago de Compostela 2000 |
Sucesor: Países Baixos Rotterdam Porto |
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bergen |