A ecloxita é unha rocha metamórfica que contén granate (almandino-piropo) dentro dunha matriz de piroxeno rico en sodio (onfacita). Entre os minerais accesorios están a cianita, o rútilo, cuarzo, lawsonita, coesita, anfíbolo, fenxita, paragonita, zoisita, dolomita, corindón e, máis raramente, diamante. A química dos minerais primarios e accesorios utilízase para clasificar as ecloxitas en tres tipos: A, B e C. O amplo rango de composicións que teñen as ecloxitas motivou un longo debate sobre a orixe dos xenólitos de ecloxita como produtos da codia oceánica subducida e alterada.

Mostra de ecloxita de Noruega con granate (vermello) e unha matriz de onfacita (verde cincento). Os cristais azuis celestes son de cianita. Presenta algo de cuarzo branco, probablemente orixinado na recristalización de coesita. Poden verse algunhas manchas de fenxita branco-douradas na parte superior. Como escala comparativa, unha moeda de 23 mm de diámetro.

Orixes editar

As ecloxitas orixínanse por metamorfismo de alta ou ultraalta presión de rochas máficas a baixos gradientes termais de <10 °C/km a medida que subduce ata as profndidades da codia inferior e do manto superior nunha zona de subdución.[1]

Clasificación editar

As ecloxitas defínense como rochas de dous minerais en liñas xerais basálticas que foron clasificadas en grupos A, B e C baseándose na química das súas fases minerais primarias, o granate e o clinopiroxeno.[2][3] A clasificación distingue cada grupo baseándose no contido de xadeíta no clinopiroxeno e de piropo no granate.[3] As rochas son gradualmente menos máficas (definidas polo seu contido en SiO2 e MgO) desde o grupo A ao C, mentres que o Grupo C é o menos máfico e contén maior contido de álcalis. [4]

A natureza transicional entre os grupos A, B e C correlaciónase co seu modo de colocación na superficie. [3] O Grupo A deriva de rexións cratónicas da codia terrestre, e chega á superficie en forma de xenólitos que ascenden desde profundidades de máis de 150 km durante as erupcións de kimberlita. [2][3] As do Grupo B mostran un forte solapamento composicional coas do Grupo A, pero encóntranse como lentellóns ou cápsulas rodeadas por material peridotítico do manto.[3] O Grupo C encóntrase comunmente entre capas de mica ou xisto de glaucofana, exemplificados primariamente polo bloque tectónico de Nova Caledonia da costa de California. [5]

Orixe na superficie ou no manto editar

O amplo rango na composición orixinou un longo debate sobre se os xenólitos de ecloxita se orixinaban no manto ou na superficie. As superficiais estarían asociadas coa transición de gabro a ecloxita, contribuíndo de forma importante aos procesos de subdución. [6] [7][8]

Os xenólitos de ecloxitas do Grupo A son as máis enigmáticas en canto á súa orixe debido á sobreimpresión metasomática da súa composición orixinal. [9][10] Os modelos que propoñen unha orixe superficial primaria como protólitos do leito mariño baséanse fortemente do amplo rango de composición en isótopos do oxíxeno, que se solapa co da codia oceánica obducida, como ocorre na sección Ibra da ofiolita de Samail. [11] [12] A variación atopada nalgúns xenólitos de ecloxita no tubo de kimberlita de Roberts Victor son resultado da alteración hidrotermal de basalto no leito do mar. [13] Este proceso atribúese ao intercambio de auga mariña a baixa e alta temperatura, que ten como resultado un gran fraccionamento no espazo de isótopos do oxíxeno en relación co valor típico do manto superior de cristais de basalto de dosal mesooceánica.[14][15] Outros mecanismos propostos para a orixe dos xenólitos das ecloxitas do Grupo A baséanse nun modelo acumulado, onde as composicións de granate e clinopiroxeno derivan de residuos de fusión parcial dentro do manto.[16] Este proceso apóiase na sobreimpresión metasomática da composición de isótopos de oxixeno orixinal, levándoa de novo ao rango propio do manto. [17]

Facies de ecloxita editar

As ecloxitas que conteñen lawsonita (un silicato de calcio e aluminio hidratado) raramente están expostas na superfice terestre, aínda que se predí por experimentos e modelos térmicos que se forman durante a subdución normal de codia oceánica a profundidades entre 45-300 km.[18]

Importancia das ecloxitas editar

Formación de rochas ígneas a partir de ecloxitas editar

 
Ecloxita

A fusión parcial de ecloxitas foi modelada para producir fusións de tonalita-trondhjemita-granodiorita.[19] A fusión derivada da ecloxita pode ser común no manto e contribúe a crear rexións volcánicas onde en raros casos fan erupción grandes volumes de magma. [20] A ecloxita fundida pode despois reaccionar con peridotita encerrada para producir piroxenita, que á súa vez funde producindo basalto. [21]

Distribución editar

 
Ecloxita de Almenning, Noruega. O mineral marrón avermellado é granate, o verde onfacita e o branco cuarzo.

Aparecen ecloxitas no oeste de Norteamérica, incluíndo o suroeste[22] e a Formación Franciscana das Cordilleiras Costeiras de California.[23] A facies transicional granulita-ecloxita de granitoides, volcánicas félsicas, máficas e granulitas aparecen no Bloque Musgrave da oroxénese Petermann, en Australia central. Atopáronse ecloxitas que teñen coesita e glaucofana no noroeste dos Himalaias.[24] As ecloxitas máis antigas que conteñen coesita son duns 650 e 620 millóns de anos de antigüidade e están localizadas no Brasil e Mali, respectivamente.[25][26]

Notas editar

  1. Zheng, Yong-Fei; Chen, Ren-Xu (setembro de 2017). "Regional metamorphism at extreme conditions: Implications for orogeny at convergent plate margins". Journal of Asian Earth Sciences 145: 46–73. Bibcode:2017JAESc.145...46Z. ISSN 1367-9120. doi:10.1016/j.jseaes.2017.03.009. 
  2. 2,0 2,1 Jacob, D. E. (2004-09-01). "Nature and origin of eclogite xenoliths from kimberlites". Lithos. Selected Papers from the Eighth International Kimberlite Conference. Volume 2: The J. Barry Hawthorne Volume (en inglés) 77 (1): 295–316. ISSN 0024-4937. doi:10.1016/j.lithos.2004.03.038. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 COLEMAN, R. G; LEE, D. E; BEATTY, L. B; BRANNOCK, W. W (1965-05-01). "Eclogites and Eclogites: Their Differences and Similarities". GSA Bulletin 76 (5): 483–508. ISSN 0016-7606. doi:10.1130/0016-7606(1965)76[483:EAETDA]2.0.CO;2. 
  4. COLEMAN, R. G; LEE, D. E; BEATTY, L. B; BRANNOCK, W. W (1965-05-01). "Eclogites and Eclogites: Their Differences and Similarities". GSA Bulletin 76 (5): 483–508. ISSN 0016-7606. doi:10.1130/0016-7606(1965)76[483:EAETDA]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal o 2022-02-12. Consultado o 2021-11-30. 
  5. COLEMAN, R. G; LEE, D. E; BEATTY, L. B; BRANNOCK, W. W (1965-05-01). "Eclogites and Eclogites: Their Differences and Similarities". GSA Bulletin 76 (5): 483–508. ISSN 0016-7606. doi:10.1130/0016-7606(1965)76[483:EAETDA]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal o 2022-02-12. Consultado o 2021-11-30. 
  6. Jacob, D. E. (2004-09-01). "Nature and origin of eclogite xenoliths from kimberlites". Lithos. Selected Papers from the Eighth International Kimberlite Conference. Volume 2: The J. Barry Hawthorne Volume (en inglés) 77 (1): 295–316. ISSN 0024-4937. doi:10.1016/j.lithos.2004.03.038. Arquivado dende o orixinal o 2022-02-12. Consultado o 2021-11-30. 
  7. O'Hara, M. J. (1968-01-01). "The bearing of phase equilibria studies in synthetic and natural systems on the origin and evolution of basic and ultrabasic rocks". Earth-Science Reviews (en inglés) 4: 69–133. ISSN 0012-8252. doi:10.1016/0012-8252(68)90147-5. 
  8. Ringwood, A. E.; Green, D. H. (1966-10-01). "An experimental investigation of the Gabbro-Eclogite transformation and some geophysical implications". Tectonophysics (en inglés) 3 (5): 383–427. ISSN 0040-1951. doi:10.1016/0040-1951(66)90009-6. 
  9. "Chemical variations in upper mantle nodules from southern African kimberlites". Philosophical Transactions of the Royal Society of London. Series A, Mathematical and Physical Sciences (en inglés) 297 (1431): 273–293. 1980-07-24. ISSN 0080-4614. doi:10.1098/rsta.1980.0215. Arquivado dende o orixinal o 2021-11-04. Consultado o 2021-11-30. 
  10. Jacob, D. E. (2004-09-01). "Nature and origin of eclogite xenoliths from kimberlites". Lithos. Selected Papers from the Eighth International Kimberlite Conference. Volume 2: The J. Barry Hawthorne Volume (en inglés) 77 (1): 295–316. ISSN 0024-4937. doi:10.1016/j.lithos.2004.03.038. 
  11. MacGregor, Ian D.; Manton, William I. (1986). "Roberts victor eclogites: Ancient oceanic crust". Journal of Geophysical Research: Solid Earth (en inglés) 91 (B14): 14063–14079. ISSN 2156-2202. doi:10.1029/JB091iB14p14063. 
  12. Gregory, Robert T.; Taylor, Hugh P. (1981). "An oxygen isotope profile in a section of Cretaceous oceanic crust, Samail Ophiolite, Oman: Evidence for δ18O buffering of the oceans by deep (>5 km) seawater-hydrothermal circulation at mid-ocean ridges". Journal of Geophysical Research: Solid Earth (en inglés) 86 (B4): 2737–2755. ISSN 2156-2202. doi:10.1029/JB086iB04p02737. 
  13. MacGregor, Ian D.; Manton, William I. (1986). "Roberts victor eclogites: Ancient oceanic crust". Journal of Geophysical Research: Solid Earth (en inglés) 91 (B14): 14063–14079. ISSN 2156-2202. doi:10.1029/JB091iB14p14063. 
  14. Muehlenbachs, Karlis (1998-04-15). "The oxygen isotopic composition of the oceans, sediments and the seafloor". Chemical Geology (en inglés) 145 (3): 263–273. ISSN 0009-2541. doi:10.1016/S0009-2541(97)00147-2. 
  15. Mattey, David; Lowry, David; Macpherson, Colin (1994-12-01). "Oxygen isotope composition of mantle peridotite". Earth and Planetary Science Letters (en inglés) 128 (3): 231–241. ISSN 0012-821X. doi:10.1016/0012-821X(94)90147-3. 
  16. O'Hara, M. J. (1968-01-01). "The bearing of phase equilibria studies in synthetic and natural systems on the origin and evolution of basic and ultrabasic rocks". Earth-Science Reviews (en inglés) 4: 69–133. ISSN 0012-8252. doi:10.1016/0012-8252(68)90147-5. 
  17. Huang, Jin-Xiang; Gréau, Yoann; Griffin, William L.; O'Reilly, Suzanne Y.; Pearson, Norman J. (2012-06-01). "Multi-stage origin of Roberts Victor eclogites: Progressive metasomatism and its isotopic effects". Lithos (en inglés). 142-143: 161–181. ISSN 0024-4937. doi:10.1016/j.lithos.2012.03.002. 
  18. Hacker, Bradley R. (2008). "H2O subduction beyond arcs" (PDF). Geochemistry, Geophysics, Geosystems 9 (3). Bibcode:2008GGG.....9.3001H. doi:10.1029/2007GC001707. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2010-06-17. Consultado o 2019-09-24. 
  19. Rapp, Robert P.; Shimizu, Nobumichi; Norman, Marc D. (2003). "Growth of early continental crust by partial melting of eclogite". Nature 425 (6958): 605–609. Bibcode:2003Natur.425..605R. PMID 14534583. doi:10.1038/nature02031. 
  20. Foulger, G.R. (2010). Plates vs. Plumes: A Geological Controversy. Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-4051-6148-0. Arquivado dende o orixinal o 2017-11-25. Consultado o 2011-03-16. 
  21. Sobolev, Alexander V.; Hofmann, Albrecht W.; Sobolev, Stephan V.; Nikogosian, Igor K. (marzo de 2005). "An olivine-free mantle source of Hawaiian shield basalts". Nature 434 (7033): 590–597. Bibcode:2005Natur.434..590S. ISSN 0028-0836. PMID 15800614. doi:10.1038/nature03411. 
  22. William Alexander Deer, R. A. Howie and J. Zussman (1997) Rock-forming Minerals, Geological Society, 668 pages ISBN 1-897799-85-3
  23. "C. Michael Hogan (2008) Ring Mountain, The Megalithic Portal, ed. Andy Burnham". Arquivado dende o orixinal o 2011-06-10. Consultado o 2009-01-14. 
  24. Wilke, Franziska D.H.; O'Brien, Patrick J.; Altenberger, Uwe; Konrad-Schmolke, Matthias; Khan, M. Ahmed (xaneiro de 2010). "Multi-stage reaction history in different eclogite types from the Pakistan Himalaya and implications for exhumation processes". Lithos 114 (1–2): 70–85. Bibcode:2010Litho.114...70W. doi:10.1016/j.lithos.2009.07.015. 
  25. Jahn, Bor-ming; Caby, Renaud; Monie, Patrick (2001). "The oldest UHP eclogites of the World: age of UHP metamorphism, nature of protoliths and tectonic implications". Chemical Geology 178 (1–4): 143–158. Bibcode:2001ChGeo.178..143J. doi:10.1016/S0009-2541(01)00264-9. 
  26. Santos, Ticiano José Saraiva; Amaral, Wagner Silva; Ancelmi, Matheus Fernando; Pitarello, Michele Zorzetti; Fuck, Reinhardt Adolfo; Dantas, Elton Luiz (2015). "U–Pb age of the coesite-bearing eclogite from NW Borborema Province, NE Brazil: Implications for western Gondwana assembly". Gondwana Research 28 (3): 1183–1196. Bibcode:2015GondR..28.1183D. doi:10.1016/j.gr.2014.09.013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar