Abrir o menú principal
Anfíbolo (Hornblenda).

Os anfíbolos[1] son un conxunto de minerais do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos. Son metasilicatos de calcio, magnesio e ferro.

A unidade estrutural fundamental dos anfíbolos é o tetraedro de silicio e osíxeno (SiO4) enlazado en forma de longas cadeas dobres. A fórmula química de cada mineral anfíbolo é o resultado de substitucións metálicas na dobre cadea: RSi4O11. Agrúpanse xeralmente en anfíbolas monoclínicas e anfíbolas ortorrómbicas. De cores escuras, con predominancia para o verde e o azul, están presentes en rochas ígneas e metamórficas, sendo máis abundantes nas primeiras.

Orixe do nomeEditar

O nome de anfíbolo deriva do grego αμφιβολος - amphibolos, que significa ambiguo, en alusión ás variedades cambiantes, en composición e aparencia, que presentan estes minerais. Foi orixinalmete acuñado polo mineraloxista René Just Haüy para incluír a tremolita, actinolita e a horneblenda. O uso do termo foi despois estendido a todo o grupo dos silicatos de dobre cadea.

VariedadesEditar

Hai centos de variedades.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anfíbolo.