Cummingtonita
A cummingtonita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos monoclínicos.[1] É un silicato de ferro e magnesio, con aspecto de agregados bacilares cor castaña. É polimorfo da antofilita, coa súa mesma composición química pero distinto sistema cristalino.
Cummingtonita | |
---|---|
Fórmula química | (Mg,Fe)7Si8O22(OH)2 |
Clase | Silicato |
Subclase | Inosilicato |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Verde claro, castaño claro |
Brillo | De sedoso a vítreo |
Dureza | 5 - 6 (escala de Mohs) |
Fractura | Astillosa |
Raia | Branca |
Densidade | 3,1 - 3,6 g/cm3 |
Propiamente, cummingtonita é o termo intermedio dunha serie de solución sólida con cantidades de ferro e magnesio substituíbles entre si, de forma que toda a serie denomínase con este nome. Nun extremo da serie estará a magnesiocummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2) e no outro extremo a grunerita (Fe7Si8O22(OH)2).
O nome procede da cidade de Cummington, en Massachusetts (EUA), onde foi descrito en 1824. Sinónimos pouco usados son antolita e kievita.
Ambiente de formación
editarAparece en rochas metamórficas, tanto metamorfismo de contacto como rexional, de facies de xistos verdes ou ecloxitas xistos azuis. Tamén se pode encontrar como mineral primario nalgunhas dioritas, gabros e noritas.
Minerais asociados á cummningtonita en todas estas rochas son hornblenda, antofilita, actinolita, tremolita, arfvedsonita, glaucofana, cuarzo e granate.
Localización, extracción e uso
editarDepósitos importantes deste mineral atópanse en Massachusetts, Dakota e Wisconsin (EEUU), en Labrador (Canadá), Xapón, Escocia, Finlandia, Noruega e Suecia. En España encóntranse en Miranda (Asturias), Níjar (Almería) e Ojén (Málaga).
A cummingtonita non ten uso comercial, só interese científico e coleccionístico.
Notas
editar- ↑ Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cummingtonita |
Bibliografía
editar- Klein, Cornelius., 2002, The Manual of Mineral Science, 22nd ed., John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25177-1
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Datos sobre localización da cummingtonita (en inglés)
- Sitio web con datos da cummingtonita (en inglés)
- Galería de minerais con información da cummingtonita (en inglés)
- Mineral Data Publishing, 2001 PDF (en inglés)
- Galería de imaxes da cummingtonita en Internet: [1] [2]