Ojén
Ojén é un concello español da provincia de Málaga, Andalucía. É lindeiro con Mijas ao leste, con Marbella ao sur, con Istán ao oeste e con Monda e Coín ao norte.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Málaga | ||||
Capital | Ojén | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.480 (2023) (52,09 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 86 km² | ||||
Altitude | 309 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Dionisio o Aeropaxita | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Antonio Gómez Sánchez | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 29610 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 29076 | ||||
Sitio web | ojen.es |
Dentro do termo municipal de Ojén destacan dous núcleos:
- O centro urbano de Ojén
- As urbanizacións da Mairena e El Vicario, no sueste do termo municipal.
Xeografía
editarOjén atópase a oito quilómetros ao nordeste de Marbella sobre o camiño do interior que a enlazaba con Málaga. Está situado xunto ao arroio de Almadán, nun lugar moi apracible e rico en auga, rodeado polas serras Blanca, propiedade do IARA, e Alpujata, de gran riqueza en minerais de ferro, níquel, chumbo, talco e dunita. A mina de ferro do Peñoncillo foi explotada por unha compañía inglesa e deu traballo a numerosas persoas de Ojén e Marbella. A proximidade do mar fai que Ojén teña un clima tépedo, a pesar de ser un típico pobo de montaña.
Os habitantes recibían outrora o apelativo xocoso de "churrucos" polos habitantes dos lugares veciños.
Natureza
editarOs montes de Ojén posúen un gran bosque mediterráneo de Quercus faginea, sobreiras, aciñeiras, piñeiros, pitas e chumbeiras, que chegan até o bordo da estrada.
En canto á fauna que habita estes bosques hai que destacar a cabra montesa, especie protexida e que está practicamente en extinción, e a aguia real. Tamén habitan as xenetas, a mangosta exipcia, touróns e multitude de pequenos mamíferos, paxaros e insectos de variadas especies. Ademais, son variadas as plantas de uso medicinal, como salvia, romeu, tomiño, Thymus moroderi, fiúncho ou camomila. Na matogueira do sotobosque abundan os toxos, xestas, xaras e semprevivas. Tamén hai que destacar pola súa rareza a presenza dunha colonia de abetos españois.
No río Almadán e en lugares como El Charco Las Viñas non é raro atopar tartarugas, ras ou cobras. Flores como as orquídeas abundan polas paraxes da Serra de Ojén, onde habita o bufo real, ave en perigo de extinción que é moi difícil de localizar actualmente.
Historia
editarXa no Paleolítico medio esta zona estaba habitada polo home de Neandertal, que vivía en grupos nómades, e no Neolítico existiu unha poboación asentada, como o demostra a cova de Pecho Redondo. Durante o baixo Imperio Romano a costa estivo moi habitada e especúlase con que na zona de Ojén houbese algún poboado que explotaba a agricultura e a gandaría.
A primeira vez que se cita Ojén é na "Crónica das fazañas dos emires cordobeses". Segundo esta crónica, Abd al-Rahman III iniciou unha batalla para someter a rebelión dos mozárabes (cristiáns que vivían nas terras musulmás) e os muladís malagueños. Sábese que unha das batallas entre os rebeldes e o exército foi diante das murallas do castelo de Ojén. A sublevación dos mozárabes provocou a existencia dun reinado efémero con capital en Bobastro; no ano 921 Abd al-Rahman liberou Ojén e a súa igrexa foi convertida en mesquita. En 1485 os musulmáns capitularon ante o rei Fernando o Católico e entrouse de cheo na Idade Moderna. Naquela época, Ojén enviaba a Marbella para exportar a África, pasas, figos secos, améndoas, sedas, cera e mel das súas colmeas. Os musulmáns mudéxares pasaron a ser vasalos de Castela e en 1492 os Reis Católicos tomaron totalmente o Reino de Granada, finalizando a Reconquista.
Ojén constituíuse en «concello» e realizouse o deslinde do termo. Ojén depende de Marbella, que nomeaba un rexedor con xurisdición civil e criminal. Os reis non permitiron a presenza de musulmáns a menos dunha legua da costa e moitos habitantes de Marbella establecéronse en Ojén; a medida tomouse para evitar a colaboración musulmá cos piratas turcos e berberiscos. Había entón en Ojén 114 veciños, catro deles cristiáns vellos. En 1505, por orde do arcebispo de Sevilla, Diego de Deza, fíxose a erección canónica da actual parroquia da nosa Señora da Encarnación. En 1568, durante o reinado de Filipe II produciuse a rebelión dos mouriscos de Istán, e en 1569 uníronselles os mouriscos de Ojén, que fuxiron coas súas familias e aveños ás serras próximas abandonando as terras despois de matar os seus veciños cristiáns vellos e incendiar a igrexa, casas e cultivos. Filipe II nomeou o Duque de Medina Sidonia e o Duque de Arcos para pacificaren a Serranía de Ronda e acabar coa rebelión. En 1570 finalizou a guerra e Ojén foi repoboado por cristiáns vellos. O problema mourisco continuou en España ata que en 1609 o rei Filipe III expulsou os mouriscos.
En 1772 o cronista británico Francis Carter describiu Ojén como "un lugar de xente afable, sinxela, que descoñece o té e o café, pero goza do leite de cabra nas súas cuncas de barro". En 1807, Carlos IV concedeu a Ojén a independencia da xurisdición de Marbella. En 1905, Pedro Fernández mandou construír a Fonte dos Chorros, a cal foi restaurada en 2006 por Enrique Salvo Rabasco e o seu equipo de restauradores.
En 1906, o Marqués de Larios levantou o Palacio de Juanar como refuxio de caza, onde nunha ocasión foi convidado o rei Afonso XIII. O Palacio de Juanar foi habilitado como Parador Nacional en 1965 e desde 1984 explótao unha cooperativa de traballadores de Ojén.
Na noite do 30 ao 31 de agosto de 2012, o municipio ao completo tivo que ser evacuado ao declararse na zona de Barranco Blanco (Coín) un enorme incendio que afectou non só a Ojén, senón a varios lugares veciños como Monda, Coín, Alhaurín el Grande, Marbella e Mijas.
Política e administración
editarA administración política do municipio realízase a través dun concello de xestión democrática cuxos compoñentes se elixen cada catro anos por sufraxio universal. O censo electoral está composto por todos os residentes empadroados en Ojén maiores de 18 anos e nacionais de España e dos restantes estados membros da Unión Europea. Segundo o disposto na Lei do Réxime Electoral Xeral, que establece o número de concelleiros elixibles en función da poboación do concello, a Corporación Municipal de Ojén está formada por 11 concelleiros.[1]
Notas
editar- ↑ "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General". B.O.E. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- MEGINO COLLADO, Luis J. - SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "La memoria oral y escrita en el movimiento obrero español: el folleto de rasgos autobiográficos de José Mairena Parra (1918)", en <IX Jornadas de Castilla - La Mancha sobre Investigación en Archivos: "El Trabajo y la Memoria obrera">. Guadalajara, 27-30 de abril de 2009 (en prensa).
- MEGINO COLLADO, Luis J. - SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Oligarquía y resistencia social en la zona minera de Ojén - Marbella (Málaga): Contexto social, personal y político de la memoria de José Mairena Parra, 1869-1919", en <IX Jornadas de Castilla - La Mancha sobre Investigación en Archivos: "El Trabajo y la Memoria obrera">. Guadalajara, 27-30 de abril de 2009 (en prensa).
- SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Catálogo de documentos sobre la Guerra Civil Española (1936-1939) en el Archivo Municipal de Ojén (Málaga)", en <España entre Repúblicas. 1868-1939>. Guadalajara: ANABAD Castilla-La Mancha, 2007, vol. II, pp. 955-972.
- SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Catálogo de documentos sobre la I y la II Repúblicas en el Archivo Municipal de Ojén (Málaga)", en <España entre Repúblicas. 1868-1939>. Guadalajara: ANABAD Castilla-La Mancha, 2007, vol. II, pp. 973-990.
- SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Aparato defensivo y repoblación del reino de Granada. El castillo de Ojén en el siglo XVI", <Castillos de España>, nº 121-122, Madrid, 2001, pp. 2-20.
- SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Fortificaciones altomedievales de la Tierra de Marbella (Málaga)", <Castillos de España>, nº 134-135, Madrid, 2004 (Ejemplar dedicado a las fortalezas de Málaga), pp. 15-28.
- SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Fuentes documentales y archivos de la Administración de Justicia y de la Fe Pública en la costa del sol. Partidos Judiciales de Marbella y Estepona", en <II Jornadas de Patrimonio Histórico Local>. Marbella (Málaga): Fundación J. Banús Masdeu y P. Calvo y Sánchez de León, 2002; pp. 71-149.
- SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Socioeconomía de una población morisca. Ojén, finales del siglo XVI y principios del XVI", <1492. En el umbral de la modernidad : el Mediterráneo europeo y las ciudades en el tránsito de los siglos XV-XVI> / coord. por Jesús Pradells Nadal, José Ramón Hinojosa Montalvo, Vol. 2, 1994, ISBN 84-7890-997-4, pp. 577-584.
Ligazóns externas
editar- Web da Reserva da Biosfera Serra das Neves creada pola Mancomunidade de Municipios da Serra das Neves.[1]