Alhaurín el Grande

Coordenadas: 36°37′59″N 4°40′59″O / 36.63306, -4.68306

Alhaurín el Grande é unha cidade do sur de España, situada na provincia de Málaga, Andalucía. Pertence á comarca do Valle del Guadalhorce. En 2009 contaba cunha poboación de 23.319 habitantes segundo o INE, dispersos en 73 km² de superficie.

Alhaurín el Grande
Localización
PaísEspaña España
Xeografía
Altitude270 msnm
Superficie73,1 km²
Demografía
Poboación24 123 hab. (2018)
Densidade338,17
XentilicioAlhaurino, na
Outros datos
Código postal29
AlcaldeAntonia Ledesma (X Alhaurín)
alhaurinelgrande.es

Historicamente é unha vila de presenza musulmá e que a data de hoxe aínda alberga restos da cultura arábiga, restos arqueolóxicos que veñen explicar a importancia do municipio como enclave estratéxico, sobre todo polas torres de vixilancia das que pouco se conserva, pero que veñen xustificar un papel importante dentro do marco histórico da antiga Al-Ándalus.

Entre as festividades máis importantes do municipio cabe destacar os días de San Antón e San Sebastián en xaneiro, o Entroido, a Semana Santa e a feira de maio.

Alhaurín el Grande

Ligazóns externas Editar