Abrir o menú principal

A arfvedsonita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos.[1] É un aluminosilicato de sodio e ferro, este último pode ser parcialmente substituído por outros metais como magnesio ou manganeso, dando lugar a variedades.

Arfvedsonita
Arfvedsonite-20218.jpg
Fórmula químicaNa3 Fe2+4Fe3+ (Si8O22) (OH)2
ClaseSilicato
SubclaseInosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico, prismático
CorNegra a negra azulada
BrilloVítreo
Dureza5,5 - 6 (escala de Mohs)
FracturaIrregular
RaiaEscura gris azul a gris verde
Densidade3,44 g/cm3

O ferro que contén é de dous tipos, férrico e ferroso, que non ocupan a mesma posición na estrutura cristalina, pois son de distinto tamaño, sendo o ferroso o que pode ser substituído por magnesio. Así, a arfvedsonita é o extremo (férrico-ferroso) dunha serie de solución sólida, achándose no outro extremo a magnesio-arfvedsonita (férrico-magnesio).

Foi chamada así en 1823 polo químico sueco Johan A. Arfvedson.

Índice

Ambiente de formaciónEditar

Aparece en rochas ígneas, sobre todo granitos alcalinos e sienitas alcalinas.

Pode ter asociados os seguintes minerais: nefelina, albita, exirina, riebeckita ou cuarzo.

Localización, extracción e usoEditar

A arfvedsonita ten unha distribución moi limitada comparada co resto dos anfíbolos, só nas raras rochas ígneas que son moi ricas en sodio. Pódese atopar no Quebec (Canadá), no sur de Groenlandia, na península de Kola (Rusia) e Noruega.

Non posúe uso industrial ningún e ten pouco interese coleccionístico en si, aínda que é un mineral acompañante doutros espécimes raros e codiciados por coleccionistas.

NotasEditar

  1. Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Deer, W.A., R.A. Howie, and J. Zussman (1963) Rock-forming Minerals, v. 2, Chain Silicates, p. 364-374

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar