Abrir o menú principal

A tremolita é un mineral pertencente ao grupo dos silicatos. Máis concretamente, pertence aos anfíbolos e ao grupo do asbesto. Recibe o seu nome do val de Tremola (Suíza) onde existe unha mina deste mineral.

Tremolita
Tremolite Campolungo.jpg
Fórmula químicaCa2Mg5Si8O22(OH)2
ClaseInosilicatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorParda, incolora, gris, verde clara, branca
BrilloDe vítreo a nacarado
Dureza5-6
Densidade3 g/cm3

CaracterísticasEditar

A tremolita fórmase por metamorfismo a partir de sedimentos ricos en dolomita e en cuarzo. Pertence á mesma serie que a actinolita e o ferro-actinolita. A tremolita é un indicador do grao de metamorfismo, xa que a elevadas temperaturas convértese en diópsido. A súa cor verde débese ao contido en ferro.

Minerais asociadosEditar

A calcita, a grosularia, o talco e a serpentina atópanse moitas veces canda a tremolita.

DepósitosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar