Provincia autónoma de Bolzano
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Capital | Bolzano |
Área | 7.399,97 km² |
Poboación | 504.111 (2010) |
Densidade | 68 hab/km² |
Municipios | 116 |
Matrícula | BZ |
Código postal | 39010-39100 |
Prefixo telf. | 0471, 0472, 0473, 0474 |
Presidente | Luis Durnwalder (SVP) 17.3.1989 |
![]() | |
Situación da Provincia de Bolzano en Italia |
A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).
TopónimoEditar
En italiano a provincia é oficialmente Provincia Autonoma di Bolzano – Alto Adige, pero por costume emprégase só Alto Adige. Este é un nome xeográfico de orixe francesa (Haut-Adige), imposto durante a ocupación napoleónica, que fai referencia ao río Adige nado nesta provincia.
O topónimo oficial alemán é Autonome Provinz Bozen – Südtirol, pero na linguaxe popular úsase simplemente Südtirol, nome que corresponde á rexión histórica e xeográfica do Tirol, unidade administrativa do Imperio austrohúngaro até o ano 1918. Os habitantes de lingua alemá definen Tirol do Sur como Land (como os Länder de Alemaña e Austria) en vez de provincia.
En lingua ladina esta rexión denomínase Provinzia Autònoma de Bulsan – Südtirol, como tamén Südtirol.
A Constitución de Italia (art. 116) recoñece desde o 18 de outubro de 2001 a versión italiano-alemá Alto Adige/Südtirol.
Ademais todos os topónimos deber ser bilingües, ou trilingües nas zonas ladinas. A maioría das denominacións xeográficas italianas son achegadas por Ettore Tolomei, autor do Prontuario dei nomi locali dell'Alto Adige.
XeografíaEditar
A provincia limita polo norte e polo leste cos estados austríacos de Tirol e Salzburgo, polo oeste con Suíza (Cantón dos Grisóns), polo sueste coa provincia de Belluno (rexión do Véneto), polo sur coa Provincia autónoma de Trento e polo suroeste, co paso do Stelvio, coa provincia de Sondrio (rexión da Lombardía).
O territorio é enteiramente montañoso, o Ortles (Ortler en alemán) é con 3.905 metros o cumio máis alto. Ademais está irrigado por varios cursos de auga: o Adigio/Etsch, o Isarco/Eisack, o Rienza/Rienz, o Passirio/Passer, o Talvera/Talfer. Tamén existen algúns lagos: Lago di Resia/Reschensee, Lago di Caldaro/Kalterer See, Lago di Monticolo/Montiggler See, Lago di Braies/Pragser Wildsee, Lago di Varna/Vahrner See.
Organización territorialEditar
A provincia autónoma de Bolzano consta de 116 concellos, que se agrupan en oito distritos.
DistritosEditar
Os distritos (comunità comprensoriali en italiano ou ben Bezirksgemeinschaften en alemán) son:
- Val Venosta/Vinschgau
- Burgraviato/Burggrafenamt
- Oltradige-Bassa Atesina/Überetsch-Unterland
- Bolzano/Bozen
- Salto-Sciliar/Salten-Schlern
- Valle Isarco/Eisacktal
- Alta Valle Isarco/Wipptal
- Val Pusteria/Pustertal.
Maiores comunasEditar
Municipio (italiano) | Municipio (alemán) | Habitantes |
---|---|---|
Bolzano | Bozen | 103.088 |
Merano | Meran | 35.602 |
Bressanone | Brixen | 19.504 |
Laives | Leifers | 15.962 |
Brunico | Bruneck | 14.148 |
Appiano sulla Strada del Vino | Eppan an der Weinstraße | 13.325 |
Lana | Lana | 10.458 |
Caldaro sulla strada del vino | Kaltern an der Weinstraße | 7.307 |
Renon | Ritten | 7.147 |
Sarentino | Sarntal | 6.669 |
Castelrotto | Kastelruth | 6.247 |
Vipiteno | Sterzing | 5.947 |
Silandro | Schlanders | 5.908 |
Valle Aurina | Ahrntal | 5.641 |
Naturno | Naturns | 5.201 |
Laces | Latsch | 5.050 |
Chiusa | Klausen | 4.622 |
Ortisei | St. Ulrich in Gröden | 4.499 |
LinguasEditar
A maioría da poboación fala un dialecto alemán, algo menos dun terzo ten o italiano como lingua materna e unha pequena minoría é de fala ladina.
Galerías de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Provincia autónoma de Bolzano |