A grunerita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos. É un hidroxi-silicato de ferro —pode levar flúor como impureza—. É o extremo con ferro da serie de solución sólida na que o outro extremo con magnesio é a cummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2).

Grunerita
Fórmula químicaFe7Si8O22(OH])2
ClaseSilicato
SubclaseInosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico
CorMarrón cinsenta
BrilloDe vítreo a sedoso
Dureza5 - 6 (escala de Mohs)
RaiaIncolora
Densidade3,45 g/cm3

Foi chamado así na honra de L.E. Grüner (1809-1883), químico franco-suízo que foi o primeiro que analizou este mineral en 1853, xunto con todos os termos férricos da súa serie.

Variedades editar

A amosita ou amianto marrón é unha variedade fibrosa da grunerita, máis importante que esta, pola súa aplicación industrial como asbesto ou amianto. O seo nome provén do acrónimo de "Asbestos Mines of South Africa", onde se descubriu. Na actualidade, o uso de asbestos marrón de amosita asbesto está restrinxido en moitos estados europeos porque o po das fibras pode producir enfermidades pulmonares por inhalación. Recoméndase a coleccionistas gardalo en caixa de plástico hermética. A montasita, outra variedade de grunerita pouco coñecida, tamén se usa como asbesto.

Ambiente de formación editar

A grunerita é un mineral raro, pero característico de rochas metamórficas procedentes do metamorfismo rexional ou dinamotérmico de sedimentos silíceos ricos en ferro.

Localización, extracción e uso editar

Hai importantes depósitos de grunerita en Australia, China e Estados Unidos. En España aparece en Madrid, Ojén (Málaga) e Vigo (Galiza). Á parte do interese para coleccionistas só se explota para asbestos, cunha importante mina de amosita no Departamento de Santa Cruz (Bolivia).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar