Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°46′06″N 7°41′48″O / 43.7683, -7.6967

Estaca de Bares
Estaca de Bares
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 851.54 (11% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: A Coruña
Concellos: Mañón
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Estaca de Bares é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) da parroquia na coruñesa de Bares, Mañón. Este cabo é o punto máis setentrional da península Ibérica e o que se considera o punto de división entre o mar Cantábrico e o Atlántico.[1][2][3][4][5] Nel destaca o faro da Estaca de Bares, construído en 1850.[6]

Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa.

CaracterísticasEditar

O cabo é un enclave con valor ornitolóxico xa que é unha atalaia na que se avistan moitas das migracións de aves mariñas. Consta que desde os anos 50 do pasado século XX ornitólogos europeos comezaron a frecuentar a zona, que en varias épocas do ano reúne a numerosos ornitólogos[7].

Entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: mascato, arao romeiro, corvo mariño real e pato pentumeiro son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o falcón peregrino.[Cómpre referencia]

Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comezo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglés: Long Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.

En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[8]

Galería de imaxes de Estaca de BaresEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07. 
  2. 2,0 2,1 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  3. 3,0 3,1 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  4. "Código ZEC ES1110010. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-06. 
  5. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  6. Vídeo "El último farero" RTVE (en castelán).
  7. Martínez Pernas, Antonio (2017). "Estaca de Bares. Historia da observación de aves.". TERRAS DO ORTEGAL, revista de estudios locais, Nº 4. 
  8. Vídeo da base estadounidense en Estaca de Bares RTVE (en castelán).

Véxase taménEditar