Corvo mariño cristado
Corvo mariño cristado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvo mariño cristado nunha rocha | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Gulosus aristotelis' (Linnaeus, 1761) |
O corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis, ata hai pouco chamado Phalacrocorax aristotelis) é unha ave mariña presente nas costas rochosas do oeste e sur de Europa, no suroeste de Asia e no norte de África. Normalmente é unha especie sedentaria nas súas zonas de cría, aínda que os exemplares norteños son migratorios. O corvo mariño cristado é a principal e máis estendida especie europea da familia Suliformes.
Morfoloxía
editarÉ unha ave de tamaño medio-grande, que acada de media uns 68–78 cm de longo e 95–110 cm de envergadura. Ten un pescozo longo e unha gorxa mareal. Os adultos mostran unha pequena crista ou moño durante a época de apareamento, á que lle deben o nome. Distínguese do corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) polo seu tamaño inferior, pola súa complexión máis lixeira, e sobre todo, nos adultos, pola súa crista e o relumbro verdoso da plumaxe. O seu peteiro e máis estreito e os exemplares xuvenís amosan un ventre máis escuro. A cauda do corvo mariño cristado ten 12 plumas e a do corvo mariño grande 14. En ocasións tamén é nomeado como "corvo mariño verde" ou "corvo mariño común".
Taxonomía
editarO corvo mariño cristado foi durante máis de dous séculos integrado no xénero Phalacrocorax, e canda o outro corvo mariño galego, pero un estudo de 2014 atopou que a súa xenética era máis semellante aos xéneros Nannopterum e Leucocarbo do que ás especies que se agrupaban no resto do Phalacrocorax e no Urile; xaquelogo propúxose un novo xénero, Gulosus, do que esta especie é a única representante. Este novo xénero comezou a ser aceptado xeralmente en 2021. Estímase que o xénero Gulosus debeu arredarse do conxunto de Nannopterum-Leucocarbo hai uns 9 - 11,2 millóns de anos.
Subespecies
editarExisten tres subespecies:
- Gulosus aristotelis aristotelis - noroeste de Europa Atlántica, Galicia[2]
- Gulosus aristotelis desmarestii - sur de Europa, suroeste de Asia
- Gulosus aristotelis riggenbachi - noroeste de África
As subespecies distínguense lixeiramente no tamaño e a cor dos exemplares novos. Algunhas evidencias recentes suxiren que os exemplares da costa atlántica do suroeste de Europa son distintos das outras tres subespecies, e poderían constituír unha subespecie nova (Yésou et al., Brit. Birds 98: 369-370, 2005).
Comportamento
editarAliméntase de peixes no mar e non acostuma voar cara ao interior das costas nas que habita.
O corvo mariño cristado é un dos mellores mergulladores da familia Phalacrocoracidae, chegando ata profundidades de 45 m durante 20-45 segundos, cun espazo de descanso dun mínimo de 15 segundos. Aliméntase de especies piscícolas moi variadas, pero sobre todo de sardiñas e bocarte. A miúdo recorren moitos quilómetros de costa dende a súa zona de aniñada para alimentarse.
Reprodución
editarAniña en pequenos abrigos rochosos ou en fendeduras ou en pequenas covas na costa. Os niños consisten en fachos descoidados de algas mariñas e herbas unidos polo seu propio esterco. A estación de aniñada é longa, comezando a finais de febreiro, aínda que algúns individuos non comezan ata maio e incluso despois. Chocan normalmente tres ovos. Os pitos nacen desprovistos de plumaxe e durante os primeiros días dependen completamente dos adultos para quentarse. Non saen do niño durante dous meses e comezan a voar en torno a primeiros de xuño ata finais de agosto, e excepcionalmente máis tarde.
Distribución
editarAs principais zonas de aniñada do corvo mariño cristado atópanse nas Illas Farne (Inglaterra), Fowlsheugh (Escocia), Runde (Noruega) e Galicia.
Distribución en Galicia
editarO corvo mariño cristado aniña ao longo de toda a costa, mais as súas principais colonias atópanse no Parque nacional das Illas Atlánticas onde se atopa a maior colonia europea.[3] O primeiro censo da especie data de 1976, cando se citou unha poboación de 539-555 parellas, en 1994 a poboación medrara ata as 1.932-1.939 parellas[4] chegando a un máximo de 2.500 parellas entre os anos 2000-03[5] (debido sobre todo á protección dos enclaves de cría, a erradicación do consumo humano de pitos e ovos, e á prohibición da caza[6]). A partir desa data, mentres o resto das poboacións galegas medraban notablemente, as principais colonias de Cíes e Ons sufriron un descenso maior ao 40%, pasándose entón a 1.266 en 2007, o que representa unha taxa de crecemento negativa do -33% na poboación galega.[7] Entre as causas da diminución da poboación, atópanse a mortalidade accidental directa producida por mor do afundimento do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.[8] No caso das mortes accidentais nas diferentes artes de pesca, o Grupo de Ecoloxía Animal (GEA) da Universidade de Vigo, leva a cabo dende o ano 2021 o proxecto Encorat. Mediante a instalación de luces nestas artes de pesca búscase reducir as mortes accidentais, especialmente, entre os exemplares máis xuvenís[9].
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Phalacrocorax aristotelis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ MARTÍN, Ignacio (coord.) et al., Aves nidificantes de España. Ediciones Jaguar, S.A., 2004. ISBN 84-95537-80-X.
- ↑ Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) Arquivado 21 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Medioambiente.xunta.es, Consultada o 25/07/09
- ↑ The status of the European Shag Phalacrocorax Aristotelis population on the Atlantic Coast of the Iberian peninsula Webs.uvigo.es, Consultado o 25/07/09
- ↑ Baía Edicións, ed. (2003). Guía das aves de Galicia. p. 50. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Cormorán Moñudo Phalacrocorax aristotelis mma.es, Consultada o 25/07/09
- ↑ Web adicada ó estudo e a divulgación de información sobre o Cormorán Moñudo na Península Ibérica Arquivado 31 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Consultado o 25/07/09
- ↑ No ano 2009 detectáronse os primeiros casos de depredación por visóns americanos.
- ↑ Web sobre o proxecto Encorat Consultado o 09/06/21