A orde Suliformes (denominada "Phalacrocoraciformes" por Christidis & Boles 2008) é unha orde proposta polo IOC, que actualmente inclúe os corvos mariños, os mascatos e as Anhinga.[1] Tendo en conta as evidencias recentes de que o grupo tradicional dos Pelecaniformes é polifilético,[2] suxeriuse que o grupo sexa dividido para reflectir as súas verdadeiras relacións evolutivas.

Sistemática e evolución editar

Das familias que formaban antes parte de Pelecaniformes só permanecen nese grupo Pelecanidae, Balaenicipitidae, e Scopidae. A familia Phaethontidae foi separada e clasificada nunha orde propia, Phaethontiformes. As análises xenéticas parecen indicar que Pelecaniformes está en realidade estreitamente emparentado con Ardeidae e Threskiornithidae. En canto aos Suliformes, estes están distantemente relacionados cos actuais Pelecaniformes.[3] Segundo Hackett et al. (2008), as mobellas, pingüíns, cegoñas, e tamén os Suliformes e Pelecaniformes, parece que evolucionaron todos dun antepasado común. Suxeriuse para eles un superorde, o das aves acuáticas superiores.[4]

No traballo fundamental do ano 2008 Systematics and Taxonomy of Australian Birds (Sistemática e Taxonomía das Aves Australianas), os ornitólogos australianos Les Christidis e Walter E. Boles acuñaron o nome Phalacrocoraciformes para o grupo debido a que hai un número moito maior de especies de corvos mariños (Phalacrocoracidae) que de mascatos (Sulidae).[5] Porén, esta denominación non foi adoptada polos demais ornitólogos.

En 1994, o ornitólogo norteamericano Walter J. Bock escribiu que o nome Suloidea fora utilizado de forma consistente como termo para unha superfamilia que contiña as dúas familias, e, por tanto, "Sulidae" e non "Phalacrocoracidae" debería de ter prioridade en calquera clasificación que contivese os dous xéneros.[6]

En 2010, a American Ornithologists' Union (AOU) adoptou o termo Suliformes para o taxon.[7] A esta seguiuna o International Ornithological Congress (IOC) en 2011.[8]

En 1994, Martyn Kennedy e colegas construíron un conxunto de datos de comportamentos, e a árbore resultante que mostrabas un alto nivel de congruencia coas filoxenias existentes baseadas na xenética ou morfoloxía. Mostraba que os Anhinga eran un grupo irmán dos corvos mariños, mascatos, e pelicanos, despois estaban relacionados coas fragatas e finalmente cos faetóntidos como ramificacións temperáns progresivas.[9]

Suliformes

Fregatidae

Sulidae

Anhingidae

Phalacrocoracidae

Cladograma baseado en Gibb, C.G. et al. (2013)[10]

Especies editar

 
Ósos do pé esquerdo de Fregata aquila mostrando o seu bordo pectinado na uña media,[11] unha característica dos Suliformes.[12]
 
O corvo mariño Phalacrocorax niger.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  2. Mayr (2003)
  3. Jarvis, E.D. et al. (2014) Whole-genome analyses resolve early branches in the tree of life of modern birds. Science, 346(6215):1320-1331. DOI: 10.1126/science.1253451
  4. Hackett, S.J. et al. (2008) A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History. Science 320, 1763.
  5. Christidis, Les; Boles, Walter E. (2008). Systematics and Taxonomy of Australian Birds. Canberra: CSIRO Publishing. p. 50. ISBN 978-0-643-06511-6. 
  6. Bock, Walter J. (1994). "History and nomenclature of avian family-group names". Bulletin of the American Museum of Natural History 222: 1-281 [166-67]. Se Sula e Phalacrocorax están incluídos no mesmo taxon ao nivel de familia (por exemplo, superfamilia), entón Sulidae Reichenbach, 1849 (1836) (Sula Brisson, 1760) ten prioridade con preferencia a Phalacrocoracidae Reichenbach, 1849-50 (1836) (Phalacrocorax Brisson, 1760), porque o nome Suloidea foi usado consistentemente na clasificación aviaria como nome de superfamilia. Phalacrocoracidae Reichenbach, 1849-50 (1836) pode aínda usarse para calquera taxon que conteña Phalacrocorax pero non Sula. 
  7. R. Terry Chesser, Richard C. Banks, F. Keith Barker, Carla Cicero, Jon L. Dunn, Andrew W. Kratter, Irby J. Lovette, Pamela C. Rasmussen, J. V. Remsen Jr., James D. Rising, Douglas F. Stotz and Kevin Winker (July 2010). "Fifty-First Supplement to the American Ornithologists' Union Check-List of North American Birds" (PDF). The Auk 127 (3): 726–44. doi:10.1525/auk.2010.127.4.966. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  8. "Taxonomy Version 2". IOC World Bird List: Version 3.1. 2011. Consultado o 15 July 2012. 
  9. Kennedy, Martyn; Spencer, Hamish G.; Gray, Russell D. (1996). "Hop, step and gape: do the social displays of the Pelecaniformes reflect phylogeny?". Animal Behaviour 51: 273–91. doi:10.1006/anbe.1996.0028. 
  10. Gibb, C.G. et al. (2013) Beyond phylogeny: Pelecaniform and Ciconiiform birds, and long-term niche stability. Molecular Phylogenetics and Evolution, 68(2):229–238.
  11. Shufeldt, Robert Wilson (1903). "The osteology of the Steganopodes". Memoirs of the Carnegie Museum 1 (3): 109–223. 
  12. Mayr, Gerald (2008). "Avian higher-level phylogeny: well-supported clades and what we can learn from a phylogenetic analysis of 2954 morphological characters" (PDF). J. Zool. Syst. Evol. Res. 46 (1): 63–72. doi:10.1111/j.1439-0469.2007.00433.x.