Phalacrocorax perspicillatus

especie de ave
Phalacrocorax perspicillatus

Ilustración por Joseph Wolf
Estado de conservación

Extinto dende c. 1850[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Suliformes
Familia: Phalacrocoracidae
Xénero: 'Phalacrocorax'
Especie: ''P. perspicillatus''
Nome binomial
'Phalacrocorax perspicillatus'
Pallas, 1811
Sinonimia
  • Graculus perspicillatus
    Elliot, 1869
  • Pallasicarbo perspicillatus
    Coues, 1869
  • Carbo perspicillatus
    Rothschild, 1907
  • Compsohalieus perspicillatus

O Phalacrocorax perspicillatus foi unha ave pertencente á familia dos Phalacrocoracidae, hoxe extinguida. Foi descuberta polo naturista alemán Georg Wilhelm Steller no 1741 e descrita posteriormente polo tamén naturalista Peter Simon Pallas no 1811.[2]

Características editar

Trátabase dun corvo mariño meirande cos actuais, que podían acadar os seis quilos de peso. Tiñan nos ollos unhas manchas brancas que lle daban unha feitura moi característica. Trátabase dunha ave practicamente mansa con ás reducidas, que os facía pouco áxiles no voo.[2]

Distribución editar

Non se coñece con exactitude o seu rango de distribución. Sábese que abundaban nas illas Komandorsky e que eran frecuentes en amplas zonas da península de Kamchatka.[2]

Desaparición editar

A causa da extinción aparece vinculada á chegada do home branco ás zonas onde habitaba a ave. A súa carne era moi apreciada e a súa caza sinxela, polo que as poboacións minguaron axiña. Baseándose en testemuñas e relatos da época, estímase a data da extinción ó redor do 1850.[2] Posteriormente o naturalista Stejneger buscounos, sen éxito, en sendas expedicións durante o 1882 e o 1895.[2] Hoxe en día quedan dous exemplares disecados no Museo de Historia Natural de Londres e outros poucos nos museos de San Petersburgo, Leiden, Dresde e Helsinqui.[2]

Notas editar

  1. "Phalacrocorax perspicillatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2008. Consultado o 5 Marzo 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Valledor A. (Septembro 2016). "La vaca marina de Steller: descubrimiento y extinción de un gigante ( Un compañero de extinción)". Quercus 367.