Corvo mariño

xénero de aves
(Redirección desde «Phalacrocorax»)
Corvos mariños

Corvo mariño de cara vermella
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Phalacrocoracidae
Xénero: Phalacrocorax
Brisson, 1760

O xénero Phalacrocorax é o xénero máis numeroso en especies de corvos mariños da familia Phalacrocoracidae.

Os corvos mariños, carolos ou canilongas aliméntanse dos peixes que apañan baixo a auga. Impúlsanse principalmente coas patas e poden mergullarse durante máis dun minuto, acadando unha profundidade de aproximadamente 10 metros.

A diferenza da maioría das aves acuáticas, as súas plumas non son por completo impermeables, o que lles permite afundirse e mergullarse doadamente. Unha vez en terra, estenden as ás para secalas. Ademais, regulan o volume dos seus sacos aéreos. Existen unhas 30 especies de corvos mariños, sendo o corvo mariño grande con seguridade o máis espallado. Vive en lagos e esteiros así como nas costas, e constrúe o seu niño en cantís ou en árbores. Ten un tamaño de ata 90 cm de longo, e pódese atopar en augas doces e costas de todo o mundo.

Pesca con corvo mariño editar

En certas localidades da China, como en Guilin, nas beiras do río Lijiang ou no lago Erhai, emprégase ao corvo mariño para a pesca. Átaselle unha corda na parte inferior do pescozo de xeito que poida capturar un peixe, mais non tragalo. O pescador, unha vez que o corvo mariño capturou un peixe, extrae o peixe (xa que quedou aprisionado no pescozo) e dispono para efectuar novas capturas.

Especies editar

Para a clasificación científica alternativa ver a taxonomía de Chales Sibley-Ahlquist.

Véxase tamén editar