Mathurin Jacques Brisson
Mathurin Jacques Brisson, nado o 30 de abril de 1723 en Fontenay-le-Comte, Baixo Poitou, Francia (hoxe no departamento da Vendée), e finado o 23 de xuño de 1806 en Croissy, cerca de Versailles, foi un zoólogo e filósofo francés, membro da Academia das Ciencias de Francia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1723 Fontenay-le-Comte, Francia |
Morte | 23 de xuño de 1806 (83 anos) París, Francia |
Residencia | Francia |
Educación | Universidade de Poitiers (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, zooloxía e física |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | biólogo, físico, zoólogo, entomólogo, ornitólogo, filósofo |
Membro de | Academia francesa das ciencias (1759–) |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Brisson |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarBrisson estudou de 1737 a 1738 na escola de Fontenay e preparou un bacharelto de teoloxía en Poitiers. Pero non estaba destinado a facer unha vida ordenado e, grazas ao seu parentesco con R. A. F. de Réaumur (1683-1757), do que foi axudante, dedicouse ao estudo da historia natural. As súas principais obras nesta etapa foron Le Règne animal (1756) e Ornithologie (1760).
Foi profesor de filosofía natural (o que hoxe se coñece como física) no Colexio de Navarra de París, e entrou na Academia das Ciencias de Francia en 1759. Foi conservador do gabinete de curiosidades de Réaumur. Desexando competir coa Histoire naturelle de Buffon (1707-1788), emprende a publicación dunha grande obra zoolóxica. Traduce Le Système du Règne animal de Jakob Theodor Klein (1685-1759) en 1756, pero foi sobre todo a súa Ornithologie a que supuxo unha etapa importante no estudo científico das aves. Esta obra apareceu antes da Histoire naturelle des oyseaux de Buffon.
A comezos do ano 1806 sofre un severo ataque de apoplexía. A súa memoria quedou tan afectada que esqueceu falar en francés, recordando unicamente unhas poucas palabras do seu idioma materno, o poitevino. Pouco máis tarde, o 23 de xuño, morreu en Croissy, cerca de Versalles.
Principais obras
editar- Regnum animale in classes IX distributum sive Synopsis methodica. Haak, París, Leiden 1756–1762
- Ornithologia sive Synopsis methodica sistens avium divisionem in ordines, sectiones, genera, species, ipsarumque varietates. Bauche, París, Leiden 1760–1763
- Supplementum Ornithologiæ sive Citationes, descriptionesque antea omissæ & species de novo adjectæ, ad suaquaque genera redactæ. París 1760
- Lettres de deux Espagnols sur les manufactures. Vergera 1769
- Dictionnaire raisonné de physique. Thou, París 1781–1800
- Observations sur les nouvelles découvertes aërostatiques. Lamy, París 1784
- Pesanteur spécifique des corps. Ouvrage utile à Histoire Naturelle, à la Physique, aux Arts & au Commerce. l'imprimerie royale, París 1787
- Traité élémentaire ou Principes de physique. Moutard & Bossange, París 1789–1803
- Trattato elementare ovvero Principi di fisica. Grazioli, Florenz 1791
- Die spezifischen Gewichte der Körper. Leipzig 1795
- Suplemento al Diccionario universal de física. Cano, Madrid 1796–1802
- Principes élémentaires de l'histoire naturelle et chymique des substances minérales. París 1797
- Anfangsgründe der Naturgeschichte und Chemie der Mineralien. Mainz 1799
- Instruction sur les nouveaux poids et mesures. París 1799
- Elémens ou Principes physico-chymiques. Bossange, París 1800
- Elements of the natural history and chymical analysis of mineral substances. Ritchie, Walker, Vernor & Hood, Londres 1800
- Tratado elemental ó principios de física. Madrid 1803–1804
Abreviatura
editarA abreviatura Brisson emprégase para indicar a Mathurin Jacques Brisson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Jean Dhombres (dir.) (1995): Aventures scientifiques. Savants en Poitou-Charentes du XVIe au XXe siècle. Poitiers, Francia: Les éditions de l’Actualité Poitou-Charentes. ISBN 2-911320-00-X.
- Michael Walters (2003): A Concise History of Ornithology. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0.
Ligazóns externas
editar- Ornithologie ou méthode contenant la division des oiseaux. Mathurin Jacques Brisson, 1760. En AREHN (Agence régionale de l'environement de Haute-Normandie (en francés) Consultada o 23 de marzo de 2014.