Versalles
Versalles (en francés Versailles) é unha cidade francesa da rexión de Illa de Francia, capital do departamento de Yvelines na área metropolitana de París.
Versailles (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Illa de Francia | ||||
Departamento | Yvelines | ||||
Capital de | Yvelines Sena e Oise (pt) Francia Arrondissement de Versalhes (pt) Reino de Francia (1682–1789) canton of Versailles-2 (en) (2015–) canton of Versailles-1 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 83.587 (2021) (3.192,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921672 Paris unité urbaine (en) | ||||
Superficie | 26,18 km² | ||||
Altitude | 138 m-180 m-103 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1624 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Versailles (en) | François de Mazières (pt) (2014–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 78000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | versailles.fr | ||||
É famosa polo palacio de Versalles, un dos máis grandes e fastuosos do mundo, no que residiron os Reis absolutistas de Francia. Actualmente as súas principais actividades son o turismo e os servizos.
Apareceu na historia por primeira vez en 1038. É diocese de seu dende 1790, dependente da arquidiocese de París. O nome de Versalles provén, probablemente, do latín versar, verser, volver. O termo data do século XI, referíndose á orixe das terras labradas (retournées).
O seu xentilicio é versallés. O termo Versaillais utilizouse de igual xeito para designar ás tropas regulares durante os sucesos da Comuna porque os gobernadores tiñan a súa sede nesta vila.
Xeografía
editarA cidade, capital do departamento de Yvelines, está situada a 19 km ao suroeste de París. Ten cinco estacións ferroviarias (Versalles-Chantiers, Versalles-Rive-Droite, Versalles-Rive-Gauche, Montreuil e Porchefontaine), e está preto da autoestrada A13 (nunha zona coñecida como o triángulo de Rocquencourt) e da autovía A86.
Barrios
editarVersalles conta con seis importantes barrios:
- O barrio dos Canteiros, coa estación do mesmo nome.
- O barrio de San Luís, próximo ao palacio, cunha zona histórica na que se atopa a Catedral de San Luís, a Sala do xogo de Pelota, o xardín-horto do Rei e o baño dos Suízos.
- O barrio de Notre-Dáme, simétrico ao barrio de San Luís pola súa proximidade ao eixe do palacio, no que se pode ver a igrexa de Notre-Dáme e percorrer a rúa comercial da parroquia.
- Os barrios de Montreuil, Porchefontaine e Clagny-Glatigny, esencialmente residenciais.
- Un dos barrios históricos, que une, en pleno centro, o barrio de Notre-Dáme co de San Luís (e cuxo nome desapareceu na actualidade) é o barrio de Montbauron (que vai desde a Praza de Armas ao Mont Bauron), comprendido entre a avenida de París e a de Saint-Cloud).
Para rematar os barrios de Jussieu Petits-Bois, Picadie e o barrio de Satory.
Cemiterios
editarA cidade de Versalles conta con catro cemiterios: o cemiterio de Notre-Dáme, o de San Luís, o cemiterio dos Gonards e o de Montreuil.
Cidades limítrofes
editarVaucresson, Marnes-a-Coquette, Ville-d'Avray, Viroflay, Vélizy-Villacoublay, Jouy-en-Josas, Buc, Guyancourt, Saint-Cyr-l'École, Bailly, Rocquencourt, Lle Chesnay.
Historia
editarA primeira mención coñecida de Versalles data do ano 1038. Un tal Hugo de Versalles aparece citado nunha carta da abadía de Saint-Pair de Chartres. Este sería o primeiro señor coñecido de Versalles.
A primeira vila de Versalles foi constituíndose durante o transcurso do século XI. A parroquia de Saint-Julien de Versalles aparece citada nun documento de 1084.
No século XIV, Giles de Versalles exerceu o cargo de gobernador do rei.
No século XVI, o novo señor de Versalles foi Alberte de Gondy, duque de Retz. O seu fillo máis novo, Henry de Gondy, recibiu varias veces, na súa casa, ao rei Henrique IV de Francia.
A principios do século XVII, o rei Lois XIV, decidiu comprala. Rapidamente a casa de campo transformouse no prestixioso Palacio rodeado por un gran parque arborado. Converteuse no símbolo do absolutismo. As festas de Versalles, que eran moi extravagantes, foron unha boa mostra da súa puxanza.
Ata que Lois Filipe non ascendeu ao trono, o Palacio de Versalles e o seu parque foron modelados e remodelados infinidade de veces. A enorme tempestade do 26 de decembro de 1999 arrasou as plantacións do parque e permitiu, finalmente, suscitar un programa de replantacións de plantas orixinais que estivese de acordo coa época.
En 1815 a vila foi ocupada polas tropas prusianas.
Durante a guerra de 1870, a vila estivo ocupada polos prusianos que estableceron o seu cuartel xeral desde o 18 de setembro de 1870 ao 12 de marzo de 1871. En 1871, durante a insurrección da Comuna de París, o gobernador francés e a Asemblea Nacional instaláronse en Versalles.
En 1873 levouse a cabo, na galería do Trianón, o proceso do mariscal Bazaine, ante o consello de guerra.
O 16 de decembro de 1873, a fundación da Escola Nacional Superior de Horticultura instalouse no xardín-horto do Rei. En 1876 creouse a compañía dos trens de Versalles. O 28 de xuño de 1918, asinouse o Tratado de Versalles na Galería dos Espellos do palacio.
En 1932, Raoul Dautry inaugurou a estación dos Canteiros. Durante a segunda guerra mundial, Versalles estivo ocupada polas tropas alemás desde o 14 de xuño de 1940 ata o 24 de agosto de 1944, data na que entraron os primeiros blindados da 2ª División Blindada do xeneral Leclerc. En febreiro e xuño de 1944 sufriu importantes bombardeos que danaron a estación dos Canteiros e o campo de Satory, causando máis de 300 vítimas.
O 17 de agosto de 1941, durante a celebración dunha cerimonia no cuartel de Borgnis-Desbordes, o mozo Paul Collette disparou contra os seus compañeiros Pierre Laval e Marcel Déat, intentando matalos.
Economía
editarAs principais empresas son GIAT industrias, grupo público de armamento implantado no campo de Satory (sede do grupo e centro de análise e desenvolvemento no campo dos tanques blindados lixeiros. A Citroën Sport atópase tamén nestas instalacións.
Educación
editarCultura
editarMonumentos
editarO Palacio de Versalles. Foi a sede da corte dos reis de Francia: Lois XIV, Lois XV, e Lois XVI. Inglaterra recoñeceu a independencia dos Estados Unidos (1783); produciuse a unificación do II Reich (1871), e foi proclamado e asinouse o Tratado de Versalles (1919) na Galería dos Espellos, e é, aínda hoxe, o lugar no que se reúnen en congreso os deputados e senadores para ratificar todas as modificacións da Constitución.
- Gran Trianón
- Pequeno Trianón
- A Sala do Xogo de Palma
- As cabalarías da raíña
- O Horto do Rei
- A igrexa de Notre-Dáme
- A catedral de San Luís
- A igrexa de Saint-Symphorien
- O claustro dos Recoletos
- O Liceo Hoche, antigo convento da Raíña
- A estación de Versalles-Rive-Gauche, edificio de pedra, de ferro e cristal, inaugurada en 1840 (termo da liña C do RER)
Museos
editar- Museo Lambinet
- Museo das carrozas
- Museo do Parlamento
- A osmoteca, «a memoria viva dos perfumes»
Acontecementos
editarO municipio celebra cada ano en xuño o Mes de Molière, durante o cal represéntanse nas rúas da cidade diferentes escenas da obras do autor.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Versalles |