Richard Bowdler Sharpe
Richard Bowdler Sharpe, nado en Londres o 22 de novembro de 1847, e finado o 25 de decembro de 1909, foi un zoólogo inglés especializado en ornitoloxía.
Traxectoria
editarEstudou en Brighton, Peterborough e Loughborough. Á idade de dezaseis anos comezou a traballar para Smith & Sons en Londres.
En 1864 comezou o seu primeiro traballo ornitolóxico, unha monografía sobre os martiños peixeiros (1868-1871). En 1867 Sharpe obtivo o posto de bibliotecario da Sociedade Zoolóxica de Londres, recomendado por Osbert Salvin ey Philip Sclater.
Á morte de George Robert Gray en 1872 ingresou no Museo Británico como axudante maior na Sección de Zooloxía, encargándose da colección de aves. Foi conservador asistente deste Museo desde 1895, permanecendo neste posto até a súa morte, o 25 de decembro de 1909 a causa dunha pulmonía.
Sharpe foi un dos fundadores, en 1892, do British Ornithologists' Club, e revisou o boletín que esta organización editaba. Escribiu trece, é dicir, case a metade dos 27 volumes do Catálogo de Aves do Museo Británico (1874-1898).
Publicacións
editar- Catalogue of the Accipitres, or diurnal birds of prey, in the collection of the British Museum. 1874
- Catalogue of the Striges, or nocturnal birds of prey, in the collection of the British museum. 1875
- Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Coliomorphae... 1877
- Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Cichlomorphae, pt.I... 1879
- Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Cichlomorphae, pt.III-[IV]... 1881-83
- Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Fringilliformes, pt.I... 1885
- A monograph of the Hirundinidae. 1894
- A Monograph of The Alcedinidae, or Family of Kingfishers. 1868 - 1871
- Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Fringilliformes, pt.III... 1888
- Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Sturniformes... 1890
- Catalogue of the Picariae in the collection of the British museum. Coraciae... 1892
- Catalogue of the Fulicariae... and Alectorides... in the collection of the British museum. 1894
- Catalogue of the Limicolae in the collection of the British museum. 1896
- Catalogue of the Plataleae, Herodiones, Steganopodes, Pygopodes, Alcae, and Impennes in the collection of the British museum. 1898
Abreviatura
editarA abreviatura Sharpe emprégase para recoñecer Richard Bowdler Sharpe como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Distincións
editar- Membro da Sociedade Zoolóxica de Londres
- Membro honorario da Sociedade Ornitolóxica Estadounidense
- Membro da Sociedade Linneana de Londres (1870)
- Doutor Honoris Causa (1891)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Richard Bowdler Sharpe |
Bibliografía
editar- Mullens, W. H. & Swann, H. K. (1917): A Bibliography of British Ornithology Londres: Macmillan. (Sharpe, pp. 527–529).