Brighton
Coordenadas: 50°50′35″N 0°07′53″O / 50.842941, -0.131312
Brighton é unha localidade costeira que xunto con Hove constitúe unha das cidades costeiras máis grandes do Reino Unido. Brighton é un sitio moi visitado, recibe 8 millóns de turistas cada ano. Ten multitude de hoteis, restaurantes, comercios e lugares de ocio ademais dun amplo sector turístico de congresos.
Brighton | |
---|---|
O Brighton Pier | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Sueste de Inglaterra |
Condado cerimonial | East Sussex |
Xeografía | |
Altitude | 22 msnm |
Demografía | |
Poboación | 155.919 hab. (2012) |
Densidade | hab/km² |
Xentilicio | Brightonian |
Outros datos | |
Código postal | BRIGHTON |
VisitBrighton |
Historia Editar
As orixes de Brighton remóntanse a antes do ano 1086. No século XVIII converteuse nun importante punto de parada para os viaxeiros grazas á chegada do ferrocarril no 1841. A cidade sufriu unha importante perdida de poboación que chegou a estar nos 160.000 en 1961. No ano 1997 creouse a conurbación de Brighton e Hove e no ano 2000 a raíña Isabel II do Reino Unido nomeouna cidade británica con motivo da celebración do milenio.
Atraccións turísticas Editar
- Brighton Pier, que hoxe en día utilizase como parque de atraccións
- Royal Pavillon, construído no século XIX polo rei Xurxo IV do Reino Unido.
- West Pier, desmantelado en 1896 tras unha tormenta e que está en plans de reconstrución.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brighton |
Ligazóns externas Editar
- VisitBrighton Información turística
- Universidade de Sussex
- Universidade de Brighton