Dieppe é un concello francés situada no departamento de Seine-Maritime da rexión de Normandía. A súa superficie é de 11.67 km2 e a poboación de 29.080 habitantes[1].

Casas de pescadores do barrio de Le Pollet
Vista panorámica de Dieppe

A localidade, coñecida popularmente como a "vila dos catro portos" (Transmanche, o porto do comercio, o porto da pesca e o porto do pracer) está na costa da Mancha, a 60 km ao norte de Ruán e a 170 de París, na foz do Arques no profundo val que separa a chaira de Pays de Caux do Petit-Caux.

HistoriaEditar

Existen na zona algúns restos da época galo-romana pero a localidade data do establecemento dos viquingos no ano 910 na foz do Tella, que denominaron Djúpr (a profunda) ou Djúpá (a ribeira profunda), os pescadores ocuparon esporadicamente o lugar para pescar arenque, a primeira mención do lugar data de 1030 nunha carta que menciona un pequeno porto de pesca chamado Dieppe próximo ao castelo de Arques. Logo da conquista de Inglaterra o pequeno porto pesqueiro desenvolveu nunha importante ligazón entre Normandía e Inglaterra.

Ao longo da súa historia a localidade quedou completamente destruída dúas veces, a primeira en 1195 polas tropas de Filipe II e a segunda en agosto de 1694 por unha frota anglo-neerlandesa dirixida polo almirante Berkeley, que quería destruír as posicións dos corsarios franceses, que operaban na canle da Mancha. E así Dieppe debe a súa aparencia barroca á súa reconstrución posterior.

NotasEditar