George Robert Gray

George Robert Gray, nado o 8 de xullo de 1808 en Londres, e finado o 6 de maio de 1872 na mesma cidade, foi un zoólogo e escritor inglés, especializado en ornitoloxía.

Infotaula de personaGeorge Robert Gray
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1808 Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte6 de maio de 1872 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónMerchant Taylors' School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , lepidopterólogo , zoólogo , ornitólogo , conservador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaG. R. Gray Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiSamuel Frederick Gray (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohn Edward Gray Editar o valor em Wikidata
Chauna chavaria. Lámina de Genera of Birds.

Traxectoria editar

 
Lámina 8 de The Monograph of the Genus Phasma.

Naceu no barrio de Little Chelsea de Londres, e era fillo de Samuel Frederick Gray (1766-1828), naturalista, botánico e farmacólogo, famoso na súa época. Era o irmán máis novo do tamén zoólogo John Edward Gray.[1] Fixo os seus primeiros estudos na Merchant Taylor's School.[2]

En 1831 entrou a traballar no British Museum, hoxe Natural History Museum, de Londres, como axudante conservador do departamento de zooloxía. Comezou por realizar catálogos de insectos, publicando en 1833 súa obra Entomology of Australia.

Participou na tradución á lingua inglesa da parte entomolóxica do Règne animal de Georges Cuvier.

Publicou a obra Zoology of the Voyage of HMZ Erebus & Terror, Birds of New Zealand de 1846 a 1875, no que o final da publicación completouna Richard Bowdler Sharpe (1847-1909).

Foi xefe da sección ornitolóxica do British Museum, durante corenta e un anos, e membro da Royal Society.

A máis importante publicación de George Gray foi Genera of Birds (18441849), ilustrada por David William Mitchell e Joseph Wolf, que inclúe 46 000 referencias.

Georges R. Gray foi, sobre todo, un home de museo, e case non tivo experiencia de campo.

Obras editar

  • 1831 The Zoological Miscellany Zool. Miscell. (1): [1] 1–40
  • 1833 The Entomology of Australia, in a series of Monographs. Part I. The Monograph of the Genus Phasma. London.
  • 1835 Synopsis of the species of insects belonging to the family of Phasmidae. Londres. Longmans.
  • 1846 Descriptions and Figures of some new Lepidopterous Insects chiefly from Nepal. Londres, Longman, Brown, Green e Longmans.
  • 1843 Description of several species of the genus Phyllium
  • 1852 Catalogue of Lepidopterous Insects in the British Museum. Part 1. Papilionidae.
  • 1871 A fasciculus of the Birds of China. Londres, Taylor and Francis.
  • 1875 The Zoology of the Voyage of HMS Erebus Erebus & HMS Terror. Birds of New Zealand. (Con Richard Bowdler Sharpe).

Abreviatura editar

A abreviatura G. R. Gray emprégase para recoñecer a George Robert Gray como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. "Gray, George Robert (1808–1872)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
  2. The Royal Society, Library and Archive catalogue Arquivado 22 de marzo de 2012 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Barbara Mearns & Richard Mearns (1988): Biographies for Birdwatchers: The Lives of Those Commemorated in Western Palearctic Bird Names. Londres: Academic Press. ISBN 0-12-487422-3.

Ligazóns externas editar