Sula nebouxii

especie de paxaro

Sula nebouxii[2] é unha especie de ave suliforme da familia Sulidae propia do Pacífico americano. Habita as costas entre o Perú e o golfo de California, ademais das illas Galápagos, onde convive co seu parente, o Sula sula. Nas Galápagos foi un dos animais meticulosamente estudados por Charles Darwin nos seus traballos sobre a evolución das especies.

Os adultos miden 81 cm de alto de media; e até 1 e 90 cm de envergadura.

A característica cor azul intensa das súas patas procede dos pigmentos carotenoides da súa dieta, xa que estas aves non son quen de sintetizar os carotenoides e teñen que asimilalos a través da alimentación. As patas azuis que dan nome a esta variedade de mascato teñen un importante papel no apareamento, xa que os machos exhiben as súas extremidades inferiores ás femias, nun baile de cortexo. Para alimentarse poden mergullarse até un metro no mar.

ReproduciónEditar

Nidifican en calquera época do ano. A posta é xeralmente dun único ovo ou, ás veces, 2 ou 3, que incuban durante 44 días. Malia iso, o número de ovos postos condiciona o desenvolvemento das crías: cando a femia pon máis dun ovo non é estraño ver como un deles eclosiona antes que o outro. Deste xeito, cunha marxe de diferenza de 3 ou 4 días, e como norma xeral, a cría maior tenderá a atacar, instigar e expulsar do niño á cría menor. Esta, moito máis indefensa dado o seu menor tempo de adaptación, morrerá por depredación ou deshidratación. Todo iso sucederá ante os ollos da indiferente nai.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar