Gulosus

xénero de corvos mariños

Gulosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Suliformes
Familia: Phalacrocoracidae
Xénero: Gulosus
Especies e subespecies
Gulosus aristotelis aristotelis
Gulosus aristotelis desmarestii
Gulosus aristotelis riggenbachi

Gulosus é un xénero de aves da orde dos suliformes e familia dos falacrocorácidos.

Na actualidade recoñécese no xénero unha soa especies vivente, o Gulosus aristotelis, ou corvo mariño cristado.

Taxonomía editar

O corvo mariño cristado foi durante máis de dous séculos integrado no xénero Phalacrocorax, e canda o outro corvo mariño galego e outras especies, pero un estudo de 2014 atopou que a súa xenética era máis semellante aos xéneros Nannopterum e Leucocarbo do que ás especies que se agrupaban no resto do Phalacrocorax e no Urile; xaquelogo propúxose un novo xénero, Gulosus, do que esta especie é a única representante. Este novo xénero comezou a ser aceptado xeralmente en 2021. Estímase que o xénero Gulosus debeu arredarse do conxunto de Nannopterum-Leucocarbo hai uns 9 - 11,2 millóns de anos.

Subespecies editar

Existen tres subespecies:

  • Gulosus aristotelis aristotelis - noroeste de Europa Atlántica, Galicia[1]
  • Gulosus aristotelis desmarestii - sur de Europa, suroeste de Asia
  • Gulosus aristotelis riggenbachi - noroeste de África

As subespecies distínguense lixeiramente no tamaño e a cor dos exemplares novos. Algunhas evidencias recentes suxiren que os exemplares da costa atlántica do suroeste de Europa son distintos das outras tres subespecies, e poderían constituír unha subespecie nova (Yésou et al., Brit. Birds 98: 369-370, 2005).

Notas editar

  1. MARTÍN, Ignacio (coord.) et al., Aves nidificantes de España. Ediciones Jaguar, S.A., 2004. ISBN 84-95537-80-X.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar