Río Mera, ría de Ortigueira
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Río Mera.
O río Mera é un curso fluvial galego, pertence á vertente cantábrica.
Río Mera | |
---|---|
![]() O Río Mera ao paso pola Illa | |
País | Galicia |
Nacemento | Monte Caxado |
Lonxitude | 29 km |
Conca | Río Mera |
Caudal medio | 5 m³ |
Desembocadura | Ría de Ortigueira |
CursoEditar
Nace a uns 752 m de altitude, no alto do Caxado (correspondente a sector meridional da Serra da Faladoira); segundo outros autores nace da confluencia do regatos Carrís e Soutochao. Percorre 29 km, facendo medio fronteira entre os concellos das Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Cerdido e Ortigueira, onde desemboca (levando case sempre a dirección sur-norte) na ría de Ortigueira, formando a enseada do mesmo nome.
Ten un caudal duns 5 m³, e ten unha cunca duns 127 km². Ao longo do percorrido recibe varios regatos, sendo o principal o Pulgueiro ou Pulgueira, que lle chega pola dereita.
Galería de imaxesEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Mera, ría de Ortigueira |