Serra da Faladoira
A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.
Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.
O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar, que é o segundo punto máis alto da provincia da Coruña.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1