Dorsal galega é o nome que recibe unha cadea montañosa de 210 quilómetros de lonxitude que se estende de norte a sur por Galiza, concretamente de Estaca de Bares á fronteira que o río Miño delimita con Portugal.

Cima de Vidueiros (943 m), na serra do Suído.

Características editar

Está formada por un importante número de serras, entre as que destacan a serra da Faladoira, a serra da Loba, a serra do Faro de Avión ou os montes da Paradanta.

Conforme avanza cara ao sur, vaise facendo máis e máis ampla, e tamén con picos de maior altitude, sobre todo nas zonas da serra do Faro e o Faro de Avión.

 
Serra do Faro de Avión.

A dorsal como tal elevouse a finais do período terciario, sobre unha cadea montañosa anterior xa moi erosionada. Hoxe presenta un relevo suave, pendentes moderados e chairas nos altos. Está conformada por rochas diversas, entre as que destacan as silíceas, é dicir, xistos, cuarcitas, granito, gneis ou peridotitas.

O bloque exerce un importante papel como barreira climática entre a Galiza atlántica e a interior. Por outra banda, cómpre sinalar que nas súas vertentes orientadas ao mar e principalmente cara ao sur, é onde se dá a maior pluviosidade do país.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar