Carrizo (paxaro)

Especie de ave

A carriza ou carrizo[2] (Troglodytes troglodytes) é un paxaro de aspecto arredondado e moi pequeno (o terceiro máis pequeno dos que viven en Europa). Esta especie é o único representante en Eurasia da familia dos trogloditas (Troglodytidae). Son aves insectívoras que cantan mesmo no inverno e fan niños moi traballados.

Carrizo
Troglodytes troglodytes

Carrizo en Alemaña


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Troglodytidae
Xénero: Troglodytes (disputado)
Subxénero: 'T. (Nannus)'
Especie: T. troglodytes
Nome binomial
'Troglodytes troglodytes'
(Linnaeus, 1758)
Amarelo claro: Verán Amarelo escuro: Residente Laranxa: Inverno
Amarelo claro: Verán
Amarelo escuro: Residente
Laranxa: Inverno

Amarelo claro: Verán
Amarelo escuro: Residente
Laranxa: Inverno
Sinonimia

Nannus troglodytes

Troglodytes troglodytes
Cuculus canorus canorus + Troglodytes troglodytes

Descrición editar

Teño andado moito á caza,
nunca vin unha carriza;
non sei se era polos cans
ou pola miña preguiza.

—Popular[3]

Como tódolos representantes do xénero Troglodytes, é un paxaro de feitura arredondada, que adoita leva-la cola erguida. As carrizas teñen un bico afiado e lixeiramente curvo, castaño escuro na parte superior e amarelo na inferior. Na xunta do bico teñen plumas a xeito de peliños. Os ollos teñen o iris de cor acastañada. A plumaxe é arroibada na parte superior do corpo e máis da cor do ante por embaixo. Teñen unha lista superciliar de cor crema, pouco definida, que acaba na zona dos oídos, que é escura. Sobre da cola, as ás e os flancos teñen debuxos de liñas ondeantes de cor castaña escura. A cor dos pés varía entre a da carne e o acastañado. Non amosan dimorfismo sexual, por ben que as ás dos machos adoitan ser algo máis longas cás das femias.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Troglodytes troglodytes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 July 2012. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Carrizo.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 31. ISBN 84-7154-379-6. 

Véxase tamén editar