Abrir o menú principal
Píllara cincenta
Adulto en plumaxe reprodutor
Adulto en plumaxe reprodutor
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Xénero: Pluvialis
Especie: Pluvialis squatarola
(Linnaeus, 1758)
Pluvialis squatarola map.svg

Sinonimia

Tringa squatarola Linnaeus, 1758

Píllara cincenta en plumaxe non reprodutor en Arnala, Virar, Maharashtra, India en febreiro de 2016

A píllara cincenta[2] ou píldora cincenta[3][4] (Pluvialis squatarola) é unha píllara de mediano tamaño que cría nas rexións do Ártico, que en Galicia é unha ave invernante moi común e de paso.[4]. É unha ave migratoria de longa distancias, que ten unha distribución costeira case mundial cando non está en época reprodutora.[5] O nome do xénero vén do latín pluvia, 'chuvia', porque antes se cría antes que as píllaras douradas se xuntaban en bandadas cando estaba a piques de chover. O nome da especie, squatarola, é a versión latinizada de Sgatarola, un nome veneciano para este tipo de píllara.[6]

DescriciónEditar

Miden de 27 a 30 cm de longo cunha envergadura alar de 71 a 83 cm e un peso de 190 a 280 g (chegan ata os 345 g cando se preparan para a migración). En primavera e verán (de finais de abril ou maio a agosto), os adultos teñen manchas brancas e negras no dorso e ás. A face e pescozo son negros con beira branca; teñen un peito negro e unha barriga e mitra brancas. A cola é branca con barras negras. O bico e patas son negras. Mudan á plumaxe de inverno de mediados de agosto a inicios de setembro e mantéñena ata abril, que consiste nunha coloración cincenta bastante uniforme pola parte superior, cun peito con manchas cincentas e ventre branco. A plumaxe dos xuvenís e a do primeiro inverno, que levan as aves novas desde que empluman ata teren un ano de idade, é similar á plumaxe de inverno adulta, pero coas plumas traseiras máis negras con beiras crema. En todas as plumaxes, os flancos internos e as plumas axilares na base da parte inferior das ás son negras, unha característica que serve para distinguilo rapidamente das outras tres especies de Pluvialis en voo. En terra, pode distinguirse dos outros Pluvialis polo seu maior tamaño do bico (24–34 mm), que é máis pesado.[5][7]

Reproducion e migraciónEditar

O seu hábitat reprodutor son as illas do Ártico e áreas costeiras do norte de Alasca, Canadá e Rusia. Nidifican en terra na tundra aberta seca con boa visibilidade; o niño é unha escavación na grava pouco profunda. Poñen catro ovos (ás veces só tres) a principios de xuño, cun período de incubación de 26–27 días; os polos empluman cando teñen de 35 a 45 días de idade.[5][7]

Migran para invernar nas áreas costeiras de todo o mundo. No Novo Mundo invernan desde o sueste da Columbia Británica e Massachusetts cara ao sur ata Arxentina e Chile, na parte occidental do Vello Mundo desde Irlanda e o suroeste de Noruega cara ao sur pola costa de África ata o sur de África, e na parte oriental do Vello Mundo, desde o sur de Xapón cara ao sur polas costas do sur de Asia e Australia, e uns poucos chegan mesmo a Nova Zelandia. A maioría dos migrantes que chegan a Australia son femias. Fai voos regulares transcontinentais sen paradas sobrevoando Asia, Europa e Norteamérica, pero é principalmente unha ave errante rara en terra no interior dos continentes, aterrando só ocasionalmente se se ven forzados polo mal tempo ou para alimentarse nas ribeiras de grandes lagos como os Grandes Lagos, onde é un migrante de paso común.[5][7][8]

Os paxaros xoves non se reproducen ata os dous anos de idade; normalmente permanecen nos terreos de invernada ata o segundo verán.[5][7]

AlimentaciónEditar

Buscan comida nas praias e chairas de marea, xeralmente localizándoa pola vista. O alimento consiste en pequenos moluscos, vermes poliquetos, crustáceos e insectos. É menos gregario que outras especies de Pluvialis, non forma bandadas densas, senón que se alimentan principalmente dispersándose polas praias, ben separados uns doutros. Porén, forman bandadas densas nos pousadoiros en marea alta.[5][7]

StatusEditar

É unha das especies ás que se aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias africano-euroasiático (AEWA).

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. "Pluvialis squatarola". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara. Ver Frases e expresións con píllara.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Hayman, P.; Marchant, J.; Prater, T. (1986). Shorebirds. Croom Helm. ISBN 0-7099-2034-2. 
  6. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 311, 363. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Snow, D.W.; Perrins, C.M. (1998). The Birds of the Western Palearctic (Concise ed.). Oxford University Press. ISBN 0-19-854099-X. 
  8. Dickinson, M.B.; et al., eds. (1999). Field Guide to the Birds of North America. National Geographic. ISBN 0-7922-7451-2. 

Véxase taménEditar