Pluvialis

xénero de aves

Pluvialis

Pluvialis dominica en plumaxe nupcial.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Charadrii
Familia: Charadriidae
Xénero: Pluvialis
Brisson, 1760
Especie tipo
Charadrius apricarius
(hoxe Pluvialis apricaria)
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Pluvialis é un xénero de aves da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos.

Pluvialis apricaria, a especie tipo

Taxonomía editar

Derscrición editar

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo e filósofo francés Mathurin Jacques Brisson.[1][2][3]

Etimoloxía editar

O nome científico Pluvialis Brisson tirouno do adxectivo latino pluviālis, -e, "pluvial", "da chuvia", derivado de pluvia, -æ, "chuvia",[4] porque naquela época (século XVIII) críase que as aves da especie tipo, Pluvialis apricaria, reuníanse en grupos cando a chuvia era inminente.[5]

Sinóninos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Scuatarola Wood, 1835
  • Squartarola Allen, 1878
  • Squatarola Cuvier, 1816
  • Squatarola Leach, 1816
  • Squaterola Selby, 1840

Especies editar

O xénero comprende tan só as seguintes catro especies:[1][2]

Características editar

A catro especies reprodúcense no hemisferio norte temperado ou no Ártico.

Na plumaxe reprodutora todas teñen as partes inferiores en gran parte negras, e as partes superiores douradas ou prateadas. Teñen o pico relativamente curto e aliméntanse principalmente de insectos, vermes ou outros invertebrados, dependendo do hábitat no que se encontren, que se obteñen mediante unha técnica de carreiras e pausas, en lugar da sondaxe constante dalgúns outros grupos de limícolas. Cazan localizando á súas presas pola vista, máis que pola sensibilisade do pico, como as limícolas de pico máis longo.

Nome vulgar en galego editar

En Galicia coñécense co nome de píllaras.[6][7][8][9][10]

As catro especies poden verse en Galicia, dúas comúns como invernates ou de paso, e as outras dúas, raras, como divagantes (Ver Lista das aves de Galicia).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pluvialis Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 10 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Pluvialis Brisson, 1760 na BioLib. Consultado o 10 de setembro de 2022.
  3. Pluvialis Brisson, 1760 no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2022.
  4. Pluvialis no Merriam-Webster Dictionary,
  5. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 311.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
  7. VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume 2. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.
  8. Mª P., Jiménez Aleixandre (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4530-262-0. 
  9. Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multiligüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532-913-8.
  10. Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas". Chioglossa 1: 121-138. (Ver páx. 124).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar