Andhra Pradesh

Coordenadas: 16°30′N 80°38′L / 16.50, 80.64

Andhra Pradesh (en telugu: ఆంధ్ర ప్రదేశం), é un dos estados da India localizado no leste do país. É o oitavo meirande estado do país, abranguendo unha área de 162 970 km².[3] A súa capital é Hyderabad. Outras cidades importantes son Guntur, Vijayawada, Vishakhapatnam e Warangal.

Andhra Pradesh
Andhra Pradesh in India.svg
Himno: Maa Telugu Talliki
EstadoIndia India
CapitalHyderabad
 • Poboación6 809 970 hab. (2011)
Lingua oficialtelugu
Forma de gobernoEstado
Gobernador
E. S. L. Narasimhan
Estabelecemento1 de novembro de 1956
SuperficiePosto 8 de 29º
 • Total162 970[1] km²
PoboaciónPosto 10 de 29º
 • Total49 386 799 (2011)[2] hab.
 • Densidade308 hab./km²
XentilicioTelugu
Fuso horarioUTC-5:30
Dominio de Internet.in
Código ISOIN-AP

Limita polo norte con Maharashtra, Chhattisgarh e Orissa, polo leste coa Baía de Bengala, polo sur con Tamil Nadu e polo oeste con Karnataka. Con 276.754 km², equivalentes a un 8,4 % do total do territorio indio.[4]

Os principais ríos do estado son o Godavari e o Krishna.

EconomíaEditar

A agricultura foi de sempre a principal fonte de ingresos do estado. O arroz, a cana de azucre, o algodón e o tabaco son os principais cultivos. Recentemente estanse a desenvolver algunhas industrias como as das tecnoloxías da información e a biotecnoloxía.

Hyderabad, capital de Andhra Pradesh, é a quinta cidade da India, cunha importante cultura e unha industria crecente, convivindo tradición e tecnoloxía. Hyderabad, ao igual que Bangalore, converteuse nun dos principais puntos de investimento do país. O principal porto do estado está na cidade de Vizag.

TurismoEditar

En Andhra Pradesh áchanse numerosos centros de peregrinación. Tirupati é un dos templos hinduístas máis visitados do país. As covas de Borra, cunha antigüidade de máis dun millón de anos, ou o val de Araku son outros dos principais destinos turísticos da rexión.

NotasEditar

  1. Government of Andhra Pradesh (ed.). "Socio-economic Survey 2016-17" (PDF). AP State Portal. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2017. 
  2. "Demography" (PDF). Official portal of Andhra Pradesh Government. Government of Andhra Pradesh. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  3. "AP Socio-economic Survey 2016-17" (PDF). Official website of Government of Andhra Pradesh. Government of Andhra Pradesh. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de decembro de 2017. 
  4. "Andrha Pradesh Facts & Figures" Arquivado 21 de marzo de 2014 en Wayback Machine. no portal oficial do goberno de Andrha Pradesh (en inglés). Consultado o 27/V/2011.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar