Grandes Lagos, América do Norte

grupo de cinco grandes lagos de Norteamérica

Os Grandes Lagos, tamén chamados Grandes Lagos de América do Norte, son unha serie de cinco grandes lagos de auga doce interconectados que se estenden ao longo da fronteira entre Canadá e os Estados Unidos. Os cinco lagos son o Superior, o Michigan, o Huron, o Erie, e o Ontario (aínda que hidroloxiicamente o Michigan e o Hurón son unha soa masa de auga; están unidos polo estreito de Mackinac). A vía navegable dos Grandes Lagos permite viaxar e transportar mercadorías por auga entre os lagos. Os lagos conéctanse co océano Atlántico a través do río San Lourenzo, e coa conca do río Mississippi a través da vía navegable do Illinois.

Modelo:Xeografía físicaGrandes Lagos, América do Norte
(en) Great Lakes Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipogroup of interconnected lakes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°48′N 84°00′O / 45.8, -84
Composto por
Efluente do lagoRío San Lourenzo Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaConca de drenaxe dos Grandes Lagos Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie208.610 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico22.725 km³ Editar o valor en Wikidata

Os Grandes Lagos son o maior grupo de lagos de auga doce da Terra por superficie total e o segundo por volume total. Conteñen o 21 % da auga doce superficial do mundo por volume.[1][2][3] A superficie total é de 244 106 km2, e o volume total (medido no nivel de baixamar) é de 22 671 km3,[4] un pouco menos que o volume do lago Baikal (23 615 km3, 22-23 % da superficie de auga doce do mundo). Debido ás súas características mariñas, como ondas ondulantes, ventos sostidos, fortes correntes, grandes profundidades e horizontes afastados, os cinco Grandes Lagos foron chamados durante moito tempo mares interiores.[5] Segundo como se mida, por superficie, o lago Superior ou o lago Michigan-Huron é o segundo lago máis grande do mundo e o lago de auga doce máis grande. O lago Michigan é o lago máis grande, por superficie, que se atopa na súa totalidade dentro dun país, Estados Unidos.[6][7][8]

Os Grandes Lagos comezaron a formarse ao final do Último Período Glacial fai uns 14 000 anos, cando as capas de xeo en retroceso deixaron ao descuberto as concas que escavaran na terra, que logo se encheron de auga de desxeo.[9] Os lagos foron unha fonte importante para o transporte, a migración, o comercio e a pesca, e serven de hábitat a moitas especies acuáticas nunha rexión con moita biodiversidade. A rexión circundante chámase rexión dos Grandes Lagos, que inclúe a megalópole dos Grandes Lagos.[10] As principais cidades da rexión inclúen, no lado estadounidense, de leste a oeste, Búfalo, Cleveland, Detroit, Chicago, e Milwaukee; e, no lado canadense, Toronto, Hamilton e Mississauga.

A bacía hidrográfica dos Grandes Lagos e do Río San Lourenzo é o maior reservatorio de auga doce do mundo. A rexión dos Grandes Lagos-San Lourenzo é unha zona densamente habitada na América do Norte, onde o centro económico e ademais o 40% da poboación canadense están concentradas, e onde innúmeras grandes cidades canadenses e norteamericanas están localizadas.

Xeografía

editar
 
Un mapa da conca dos Grandes Lagos que mostra as cinco subconcas. De esquerda a dereita son: Superior (magenta); Michigan (ciano); Huron (verde); Erie (amarelo); Ontario (vermello).

Aínda que os cinco lagos atópanse en concas separadas, forman un único corpo de auga doce, interconectado naturalmente, dentro da conca dos Grandes Lagos. Como unha cadea de lagos e ríos, conectan o interior centro-oriental de América do Norte co océano Atlántico. Desde o interior até a desembocadura no río San Lourenzo, a auga flúe desde o lago Superior até o lago Hurón e o lago Michigan, cara ao sur até o lago Erie e, finalmente, cara ao norte até o lago Ontario. Os lagos drenan unha gran conca hidrográfica a través de moitos ríos e conteñen aproximadamente 35 000 illas.[11] Así mesmo tamén hai varios miles de lagos máis pequenos, dentro da conca, a miúdo chamados «lagos interiores».[12]

A superficie do cinco lagos principais combinados é aproximadamente igual ao tamaño do Reino Unido, mentres que a superficie de toda a conca (os lagos e a terra que drenan) é aproximadamente do tamaño do Reino Unido e Francia xuntos.[13] O lago Michigan é o único dos Grandes Lagos que se atopa integramente dentro dos Estados Unidos; os demais forman unha fronteira acuática entre os Estados Unidos e Canadá. Os lagos están divididos entre as xurisdicións da provincia canadense de Ontario e os estados estadounidenses de Míchigan, Wisconsin, Minnesota, Illinois, Indiana, Ohio, Pensilvania e Nova York. Tanto a provincia de Ontario como o estado de Míchigan inclúen nos seus límites partes de catro dos lagos. A provincia de Ontario non limita co lago Míchigan, e o estado de Míchigan non limita co lago Ontario. As xurisdicións de Nova York e Wisconsin esténdense a dous lagos, e cada un dos estados restantes a un dos lagos.

Os Grandes Lagos

editar

Os Grandes Lagos da América do Norte son (de oeste a leste seguindo a corrente da auga):

  • Lago Superior, é o maior e máis profundo, ten unha lonxitude e unha largura de 563 e 257 quilómetros respectivamente. A súa profundidade media é de 149 metros, podendo alcanzar os 406. Ten un volume de 12.232 km³ e un litoral de 4.393 km, incluíndo as illas.
  • Lago Michigan, é o único dos grandes lagos que está completamente nos Estados Unidos e o segundo de maior volume. A súa superficie é de 57.750 km², o que o converte no maior lago pertencente a un único país e o quinto a escala mundial. A súa profundidade máxima é de 281m e o seu volume é de 4.918 km³.
 
Corte lonxitudinal do sistema dos Grandes Lagos.
  • Lago Huron, o segundo de maior superficie, incluíndo as baías de Xeorxia e Saginaw ocupa unha área de 59.570 km² dos que en torno aos 36.001 km² pertencen ao Canadá. A conca fluvial do lago ocupa uns 134.000 km². Ten unha lonxitude e ancho máximo de 332 e 295 km respectivamente. A súa profundidade máxima é de 229 metros.
  • Lago Erie, é o de menor volume dos Grandes Lagos, a súa lonxitude é de 388 km, o seu ancho de 92 e a súa superficie de 25.700 km². A súa profundidade media é de 19 metros e a máxima é de 64 m, porén toda a súa zona occidental atópase a menos de 20 metros, cunha media de tan so 13 metros. O seu volume total é de 488 km³.
  • Lago Ontario, é o de menor superficie con 18.960 km², porén ten maior volume que o Eire xa que posee 1.639 metros cúbicos. Atópase no extremo oriental do sistema dos Grandes Lagos. Polo seu tamaño ocupa o posto número 13 a escala mundial, e ten unha costa de 1.146 quilómetros. A súa lonxitude é de 311 km e o seu ancho de 86. A súa profundidade media é de 86 m e a máxima de 244, a terceira maior do sistema dos Grandes Lagos.

Batimetría

editar
Elevacións relativas, profundidades medias, profundidades máximas e volumes dos Grandes Lagos
Notas: A área de cada rectángulo é proporcional ao volume de cada lago. Todas as medidas tomáronse con respecto ao nivel do mar.
Fonte: Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos[14]
Lago Erie Lago Huron Lago Michigan Lago Ontario Lago Superior
Superficie 25 700 km² 60 000 km² 58 000 km² 19000 km² 82 000 km²
Volume da auga 480 km³ 3500 km³ 4900 km³ 1640 km³ 12 000 km³
Elevación 571 ft (174 m) 577 ft (176 m) 577 ft (176 m) 246 ft (75 m) 600,0 ft (182,9 m)
Profundidade media 62 ft (19 m) 195 ft (59 m) 279 ft (85 m) 283 ft (86 m) 483 ft (147 m)
Profundidade máxima 210 ft (64 m) 748 ft (228 m) 925 ft (282 m) 804 ft (245 m) 1 335 ft (407 m)
Principais cidades Buffalo, NY
Cleveland, OH
Detroit
Erie, PA
Toledo, OH
Alpena, MI
Bay City, MI
Port Huron, MI
Chicago, IL
Gary, IN
Green Bay, WI
Sheboygan, WI
Milwaukee, WI
Kenosha, WI
Racine, WI
Muskegon, MI
Traverse City, MI
Hamilton, ON
Kingston, ON
Mississauga, ON
Oshawa, ON
Rochester, NY
Toronto, ON
Duluth, MN
Marquette, MI
Sault Ste. Marie, MI
Sault Ste. Marie, ON
Superior, WI
Thunder Bay, ON
Mapa
 
Lago Eire
 
Lago Huron
 
Lago Michigan
 
Lago Ontario
 
Lago Superior

Como as superficies dos lagos Superior, Hurón, Míchigan e Erie teñen aproximadamente a mesma elevación sobre o nivel do mar, mentres que o lago Ontario é significativamente máis baixo, e debido a que a escarpadura do Niágara impide toda navegación natural, os catro lagos superiores denomínanse comunmente os «grandes lagos superiores». Esta designación non é universal. Os que viven na beira do lago Superior adoitan referirse a todos os demais lagos como «os lagos inferiores», porque están máis ao sur. Os mariñeiros dos buques de carga a granel que trasladan cargamentos desde o lago Superior e o norte do lago Míchigan e o lago Hurón a portos do lago Erie ou Ontario adoitan referirse a este último como os lagos inferiores e aos lagos Míchigan, Hurón e Superior como os lagos superiores. Isto correspóndese con pensar nos lagos Erie e Ontario como «no sur» e nos demais como «no norte». Os barcos que navegan cara ao norte polo lago Míchigan considéranse «ascendentes», aínda que naveguen cara á súa corrente efluente.[15]

 
Perfil do sistema dos Grandes Lagos

Principais vías fluviais de conexión

editar
 
Chicago, no lago Míchigan, atópase na parte occidental da megalópole dos lagos e é o lugar onde se atopa a vía fluvial que une os lagos co val do río Mississippi.

Lago Míchigan–Huron

editar
 
Lago Míchigan-Huron co norte orientado á dereita; tomada o 14 de abril de 2022, durante a Expedición 67 da Estación Espacial Internacional. Green Bay está na parte superior dereita e Saginaw Bay está á esquerda.

Os lagos Huron e Míchigan considéranse ás veces un só lago, chamado lago Míchigan-Huron, porque son unha masa de auga hidroloxicamente conectada polo estreito de Mackinac.[16] Os estreitos teñen 8 km de ancho[13] e 37 m de profundidade; os niveis da auga soben e baixan xuntos,[17] e o fluxo entre Míchigan e Huron con frecuencia inverte a dirección.

Grandes baías e masas de auga importantes relacionadas

editar
 
Área ocupada polo sistema dos Grandes Lagos.

O Washa Washa, que en moitas partes do seu curso demarca a mesma fronteira internacional, é o colector destes lagos interconectados e flúe polo Quebec e a través da Península de Gaspesia ata o océano Atlántico. Un sexto lago, o máis pequeno St. Clair, tamén forma parte do sistema. Atópase entre o Hurón e o Erie, pero non é oficialmente un dos Grandes Lagos.

Dispersas ao longo dos Grandes Lagos hai aproximadamente 35.000 illas.[25] A máis grande delas é a Illa Manitoulin no Lago Huron, a illa máis grande en calquera corpo interior de auga no mundo.[26] A segunda illa máis grande é a Illa Royale no Lago Superior.[27] Estas dúas illas son o suficientemente grandes como para conter varios lagos en si mesmas - por exemplo, o Lago Manitou da Illa Manitoulin é o lago máis grande do mundo situado dentro dunha illa de auga doce.[28] Algúns destes lagos mesmo teñen as súas propias illas, como a illa do tesouro no lago Mindemoya na illa Manitoulin.

Penínsulas

editar
 
Toronto no lago Ontario atópase na sección oriental da Megalópole dos Grandes Lagos

Os Grandes Lagos tamén teñen varias penínsulas entre eles, incluíndo a Península de Door, as Penínsulas de Míchigan, e a Península de Ontario. Algunhas destas penínsulas mesmo conteñen penínsulas máis pequenas, como as penínsulas de Bruce, Keweenaw, Leelanau, Niágara e The Thumb. Os centros de poboación das penínsulas inclúen Grand Rapids, Flint, e Detroit en Míchigan, xunto con London, Hamilton, Brantford, e Toronto en Ontario.

Conexión co océano

editar

O Canle de San Lourenzo e a Great Lakes Waterway (Ruta Fluvial dos Grandes Lagos) conectan os Grandes Lagos mediante buques o mar aberto.[29] Porén o paso de amplos buques portacontedores oceánicos, que non se axustan o ancho das esclusas nestas rutas, limita o transporte de contedores nos lagos. A maioría do comercio dos Grandes Lagos é de material a granel, os barcos cargueiros de tamaño Seawaymax ou de menos tamaño pódense mover ao longo da totalidade dos lagos ata o Atlántico.[30] Os buques máis grandes limítanse a navegar polos lagos por si mesmos, e só as barcazas poden acceder ao sistema Illinois Waterway que proporciona acceso ao golfo de México. Malia o seu gran tamaño, grandes sectores dos Grandes Lagos conxélanse no inverno, interrompendo máis dun envío entre xaneiro e marzo. Algúns crebaxeos surcan os lagos, mantendo as vías de navegación abertas durante a maior parte do inverno.

Os Grandes Lagos tamén están conectados pola canle ata o golfo de México a través do río Illinois (desde o río Chicago) e o río Mississippi. Unha pista alternativa é a través do río de Illinois (desde Chicago), do Mississippi, do Ohio, e logo a través do Tennessee-Tombigbee (combinación dunha serie de ríos, lagos e canles), á baía de Mobile e o Golfo. O tráfico de remolcadores comerciais e barcazas é intenso nestes cursos de auga.[31]

Os barcos dedicados o turismo tamén poden entrar ou saír dos Grandes Lagos a través do canle de Erie e o río Hudson ata Nova York. A canle de Erie conéctase aos Grandes Lagos no extremo leste do lago Erie (en Buffalo, Nova York) e no lado sur do lago Ontario (en Oswego, Nova York).

Niveis de auga

editar

Os lagos alimentábanse orixinalmente tanto das precipitacións como da auga de desxeo dos glaciares, que xa non existen. Na actualidade, só ao redor do 1 % do volume anual é auga «nova», procedente de ríos, precipitacións e mananciais subterráneos que desembocan nos lagos. No período postglacial, a evaporación e a drenaxe equilibráronse en xeral, o que fixo que os niveis dos lagos sexan relativamente constantes.[13]

Os lagos conteñen o 84 % da auga doce superficial de América do Norte;[32] se a auga se distribuíse uniformemente sobre a superficie terrestre de todo o continente ían alcanzar unha profundidade de 1,5 metros.[33] A fonte dos niveis de auga nos lagos está ligada ao que quedaba por glaciares que se derritieron cando os lagos tomaron a súa forma actual. Isto equilíbrase coa evaporación e a drenaxe, polo que o nivel dos lagos é historicamente constante. Aínda que historicamente os niveis do lago foron preservados, o intensivo crecemento da poboación humana só comezou na rexión no século XX e continúa na actualidade.[13] Polo menos dúas actividades de uso da auga por humanos identificáronse como que teñen o potencial de afectar aos niveis dos lagos: o desvío (a transferencia de auga a outras cuncas) e o consumo (feito substancialmente hoxe polo uso de auga do lago a forza de plantas de xeración eléctrica, o que dá como resultado máis evaporación de auga).[34]

As saídas a través da Canle Sanitaria e de Navegación de Chicago están máis que compensadas polas entradas artificiais a través dos desvíos do río Ogoki e do lago Long/río Kenogami.[35] Observouse unha fluctuación nos niveis de auga nos lagos desde que comezaron os rexistros en 1918.[36] O nivel de auga do lago Míchigan-Huron mantívose bastante constante durante o século XX.[37] Os niveis recentes dos lagos inclúen niveis mínimos históricos en 2013 nos lagos Superior, Erie e Míchigan-Huron,[38] seguido de niveis récord en 2020[39] nos mesmos lagos. O nivel da auga no lago Ontario mantívose relativamente constante no mesmo período de tempo, roldando o nivel medio histórico.[36]

 
Niveis de auga dos lagos Míchigan e Huron en Estados Unidos, de 1918 a 2019.

Aínda que as «verdadeiras mareas —cambios no nivel da auga causados polas forzas gravitacionais do sol e a lúa— prodúcense nun patrón semidiurno (dúas veces ao día)», tales cambios son bastante pequenos e xeralmente quedan ocultos por outras forzas.[40] Os niveis dos lagos vense afectados principalmente polos cambios meteorolóxicos e climatolóxicos rexionais. As saídas dos lagos Superior e Ontario están reguladas, mentres que as dos lagos Míchigan-Huron e Erie non o están en absoluto. Ontario é o que está máis regulado, coa súa saída controlada pola presa de Moses-Saunders, o que explica os seus niveis históricos constantes.[41]

Etimoloxía

editar
 
Mapa francés de 1675, publicado pouco antes da viaxe do veleiro Le Griffon. O lago Míchigan pasa a chamarse lago Illinois (o cambio de nome rexístrase por primeira vez en 1681).[42]), e o lago Ontario recibe o nome de lago Frontenac, en honra a o entón gobernador de Nova Francia.
 
Lagos Superior, Míchigan, Huron e Erie, fotografados desde o satélite Sentinel-3B en xuño do 2022, o lago Ontario non é visible nesta imaxe.
Lago Erie
Da tribo Erie, unha forma abreviada da palabra iroquesa erielhonan 'longa cola'.[43]
Lago Huron
Nomeado así polos habitantes da zona, os wyandot (ou «Huróns»), polos primeiros exploradores franceses..[44] Os wyandot referíanse orixinalmente ao lago co nome de karegnondi, unha palabra que se traduciu de diversas formas como «mar de auga doce», «lago dos huróns» ou simplemente «lago».[45][46]
Lago Michigan
Da palabra ojibwa mishi-gami, que significa «gran auga» ou «gran lago».[47]
Lago Ontario
Da palabra wyandot ontarí'io, «lago de augas brillantes».[48]
Lago Superior
Tradución ao inglés do termo francés lac supérieur «lago superior», en referencia á súa posición ao norte do lago Hurón. Os indíxenas ojibwa chámano gichi-gami (do ojibwa gichi «grande, amplo, enorme»; gami «auga, lago, mar»). Popularizado na transliteración de influencia francesa como «Gitchigumi», como na canción de 1976 de Gordon Lightfoot, "The Wreck of the 'Edmund Fitzgerald'", ou «Gitchee Gumee», como no poema épico de Henry Wadsworth Longfellow, de 1855, "The Song of Hiawatha").[49]

Estatísticas

editar

Os Grandes Lagos conteñen o 21 % da auga doce superficial do mundo: 22 810 km3, ou 6,0×1015 galóns estadounidenses, é dicir, 6 catrillóns de galóns estadounidenses (2,3×1016 litros). Os lagos conteñen ao redor do 84 % da auga doce superficial de Norteamérica;[50] Se a auga se distribuíse uniformemente por toda a superficie terrestre do continente, alcanzaría unha profundidade de 1,5 metros.[51] Esta auga é suficiente para cubrir os 48 estados contiguos de EE. UU. a unha profundidade uniforme de 29 m. Aínda que os lagos conteñen unha gran porcentaxe da auga doce do mundo, os Grandes Lagos fornecen só unha pequena parte da auga potable de EE. UU. a nivel nacional..[52]

A superficie total dos lagos é de aproximadamente 244.100 km2, case do mesmo tamaño que o Reino Unido e maior que os estados estadounidenses de Nova York, Nova Jersey, Connecticut, Rhode Island, Massachusetts, Vermont e Nova Hampshire xuntos.[53] A costa dos Grandes Lagos mide aproximadamente 16 900 km.,[13] pero a lonxitude dunha costa é imposible de medir con exactitude. Canadá ten aproximadamente 8400 km de costa, mentres que os 8500 km restantes limitan con Estados Unidos. Michigan ten a costa máis longa dos Estados Unidos, con aproximadamente 5292 km de lagos, seguida de Wisconsin con 1320 km, Nova York con 761 km e Ohio con 502 km.[54] Atravesar a beira de todos os lagos cubriría unha distancia aproximadamente equivalente a percorrer a metade do mundo polo ecuador..[13]

  1. "Great Lakes". U.S. Environmental Protection Agency. 28 de xuño de 2006. Consultado o 31 de xaneiro do 2025. 
  2. "LUHNA Chapter 6: Historical Landcover Changes in the Great Lakes Region". USGS: Ecosystems. 20 de novembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de xaneiro do 2025. 
  3. Ghassemi, Fereidoun (2007). Inter-basin water transfer. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-86969-0. 
  4. "Great Lakes: Basic Information: Physical Facts". U.S. Environmental Protection Agency. 25 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 31 de xaneiro do 2025. 
  5. Williamson, James (2007). The inland seas of North America: and the natural and industrial productions ... John Duff Montreal Hew Ramsay Toronto AH Armour and Co. ISBN 9780665341281. Consultado o 31 de xaneiro do 2025. 
  6. "The Top Ten: The Ten Largest Lakes of the World". infoplease.com. 
  7. Hough, Jack (1970). "Great Lakes". Encyclopædia Britannica 10 (Commemorative Edition for Expo'70 ed.). Chicago: William Benton. p. 774. ISBN 978-0-85229-135-1. 
  8. "Large Lakes of the World". factmonster.com. 
  9. Cordell, Linda S.; Lightfoot, Kent; McManamon, Francis; Milner, George (2008). Archaeology in America: An Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 1. ISBN 978-0-313-02189-3. 
  10. "Great Lakes". America 2050. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2020. Consultado o 31 de xaneiro do 2025. 
  11. Bennett, Tom (1999). State of the Great Lakes: 1997 Annual Report. Diane Publishing. p. 1991. ISBN 978-0-7881-4358-8. Consultado o 1 de febreiro do 2025. 
  12. Likens, Gene E. (2010). Lake Ecosystem Ecology: A Global Perspective. Academic Press. p. 326. ISBN 978-0-12-382003-7. Consultado o 1 de febreiro do 2025. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 Grady, Wayne (2007). The Great Lakes. Vancouver: Greystone Books and David Suzuki Foundation. pp. 13, 21–26, 42–43. ISBN 978-1-55365-197-0.  Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Grady" está definido varias veces con contidos diferentes
  14. "Great Lakes Atlas: Factsheet #1". U.S. Environmental Protection Agency. 9 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o March 28, 2008. Consultado o 1 de febreiro do 2025. 
  15. Bowlus, W. Bruce (2010). Iron Ore Transport on the Great Lakes: The Development of a Delivery System to Feed American Industry. McFarland. p. 215. ISBN 978-0-7864-8655-7. 
  16. "Michigan and Huron: One Lake or Two?". Information Please Database. Pearson Education. 2007. 
  17. Wright, John W., ed. (2006). The New York Times Almanac (2007 ed.). Nova York: Penguin Books. p. 64. ISBN 978-0-14-303820-7. 
  18. "Home". Peninsula Township. Consultado o 3 de febreiro do 2025. 
  19. "Home". Peninsula Township. Consultado o 3 de febreiro do 2025. 
  20. "Background Geology of the North Bay area". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2010. Consultado o 3 de febreiro do 2025. 
  21. "Lake St. Clair summary report" (PDF). Great Lakes.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2016. Consultado o 3 de febreiro do 2025. 
  22. "Chapter 1:Introduction to Lake St. Clair and the St. Clair River". U.S. government U.S. Army. xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de febreiro do 2025. 
  23. "Movement Would Thrust Greatness on Lake St. Clair". Los Angeles Times. 20 de outubro de 2002. 
  24. "The Great Lakes". Environmental Protection Agency. 20 de agosto de 2015. REG 05. 
  25. Bennett, Tom (1999). Transportación Marítima en Canadá. ISBN 978-0-7881-4358-8. 
  26. Gary A Dunn (1996). University of Michigan Press, ed. Insectos de la Región de los Grandes Lagos. p. 3. ISBN 978-0-472-06515-8. 
  27. Norman Rey Huber; Geological Survey (EE.UU.); Estados Unidos. Servicio de Parques Nacionales (1975). La historia geológica del Parque Nacional Isle Royale . Dept. of the Interior, Geological Survey: a la venta por los Supt. de Docs., EE.UU. Gob. p. 41.
  28. R. Manivanan (2008). Modelización de la calidad del agua: ríos, arroyos y estuarios. p. 114. ISBN 978-81-89422-93-6. 
  29. Robert McCalla (1 enero 1994). Transportación Maritima en Canadá. Formac Publishing Company. pp 159-162.
  30. Sedimentos costeiros '07 . Publicacións ASCE. 01 de xaneiro 2007. P. 2215.
  31. Estados Unidos. Oficina del Censo (1908). Transporte por agua. 1906 . Gob. p. 220.
  32. http://www.epa.gov/greatlakes/basicinfo.html EE.UU. EPA Sitio web dos Grandes Lagos Datos Básicos Consultado o 04 de outubro de 2014
  33. Grady, Wayne (2007) Los Grandes Lagos. Vancouver: Greystone Books y David Suzuki Foundation. pp 13, 21-26, 42-43.
  34. "Estado de los destacados de los Grandes Lagos 2009 (PDF)". Consultado o 4/10/2014. 
  35. "An Overview of Great Lakes Diversions". International Joint Commission. 14 de maio de 2020. Consultado o 4 de febreiro do 2025. 
  36. 36,0 36,1 "Great Lakes Water Levels (1918–2021)" (PDF). United States Army Corps of Engineers. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2019. Consultado o 4 de febreiro do 2025. 
  37. Bolsenga, Stanley J.; Herdendorf, Charles E. (1993). Lake Erie and Lake Saint Clair Handbook. Wayne State University Press. p. 67. ISBN 978-0-8143-2470-7. 
  38. Egan, Dan (5 de febreiro de 2013). "Lakes Michigan, Huron hit record low water level". Milwaukee Journal Sentinel. Consultado o 4 de febreiro do 2025. 
  39. "Lake Michigan-Huron Water Levels from Harbor Beach, MI - 9075014 2020 – 2021". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 4 de febreiro do 2025. 
  40. US Department of Commerce. "Do the Great Lakes have tides?". National Oceanic and Atmospheric Administration (en inglés). Consultado o 4 de febreiro do 2025. 
  41. Armstrong, Leslie (14 de agosto de 2014). "Great Lakes Water Levels Rebound Thanks to Prolonged Winter". Toronto Star. 
  42. Dunbar, W.F.; May, G.S. (1995). Michigan: A History of the Wolverine State. Wm. B. Eerdmans Publishing Company. p. 64. ISBN 978-1-4674-3517-8. Consultado o 5 de febreiro do 2025. En 1681, un mapa publicado en París, obviamente baseado nesta nova información, mostra o río Misisipi e a beira occidental do lago Michigan. Os mapas anteriores habían chamado ao lago Lac deas Illinois; este foi o primeiro en chamalo Lac de Michigami, introducindo así unha variación temperá do nome do futuro estado. 
  43. Room, A. (2006). Placenames of the World: Origins And Meanings of the Names for 6,600 Countries, Cities, Territories, Natural Features And Historic Sites. McFarland. p. 150. ISBN 978-0-7864-2248-7. 
  44. Room (2006), p. 171.
  45. Sioui, Georges E. (1999). Huron-Wendat. Jane Brierley. UBC Press. ISBN 978-0-7748-0715-9. Consultado o 5 de febreiro do 2025. 
  46. Fonger, Ron (May 3, 2007). "Genesee, Oakland counties adopt historic name for water group". The Flint Journal. Consultado o 5 de febreiro do 2025. 
  47. Weiland, Matt; Wilsey, Sean (2010). State by State. HarperCollins. p. 226. ISBN 978-0-06-204357-3. 
  48. Ylvisaker, Anne (2004). Lake Ontario. Capstone. p. 12. ISBN 978-0-7368-2211-4.  Parámetro descoñecido |url-access= ignorado (Axuda)
  49. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome dep
  50. "The Great Lakes". Environmaal Protection Agency. 20 de agosto de 2015. 
  51. Grady, Wayne (2007). The Great Lakes. Vancouver: Greystone Books and David Suzuki Foundation. pp. 13, 21–26, 42–43. ISBN 978-1-55365-197-0. 
  52. Cayton, Andrew R.L.; Sisson, Richard; Zacher, Chris (2006). The American Midwest: An Interpretive Encyclopedia. Indiana University Press. p. 161. ISBN 978-0-253-00349-2. 
  53. Taylor, William W.; Schechter, Michael G.; Wolfson, Lois G. (2007). Globalization: Effects on Fisheries Resources. Cambridge University Press. p. 85. ISBN 978-1-139-46834-3. 
  54. "Shorelines of the Great Lakes". Michigan Department of Environmental Quality. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 14 de febreiro do 2025. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar