Abrir o menú principal

O gaivotón atlántico (Larus marinus) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Laridae. É unha das gaivotas meirandes do mundo, cunha envergadura de ás de ata 1,7 m.

Ten un poderoso peteiro para comer pitos de aves mariñas e crías de parrulos, engulíndoos enteiros. A diferenza da gaivota arxéntea, esta ave adoita cazar soa ou en parella. Aniña nas costas rochosas e pon tres ovos. Miden ata 79 cm de longo e atópanse no norte do océano Atlántico.

Véxase taménEditar