Illa de San Vicente

illa na ría de Ortigueira

A illa de San Vicente (illa de San Vicenzo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na ría de Ortigueira. Pertence á parroquia ortigueiresa de Luama, e ten 1,3 hectáreas de superficie.

Illa de San Vicente
illa de San Vicenzo
Illa de San Vicente.jpg
A illa desde a parroquia de Ladrido
Illa de San Vicente en A Coruña
Illa de San Vicente
Illa de San Vicente
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ProvinciaA Coruña
MarOcéano Atlántico
Coordenadas43°42′36.22″N 7°50′9.13″O / 43.7100611, -7.8358694Coordenadas: 43°42′36.22″N 7°50′9.13″O / 43.7100611, -7.8358694
Demografía
PoboaciónDeshabitada
A illa desde a parroquia de Barbos.

É de forma oval e está cuberta por unha masa arbórea na súa cara sur, protexida dos embates do Atlántico, mentres a cara norte está cuberta de toxeiras e matogueiras propias do litoral. Cando baixa a marea, a illa queda unida a terra mediante un extenso banco de area. Está nunha paraxe de alto interese ecolóxico (sub-rías de Ladrido e Baleo), polo que a illa, xunto coas marismas que a rodean están protexidas. Segundo menciona Julio Dávila Díaz na súa obra Geografía descriptiva de lacomarca de Ortigueira (1931), na Idade Media existiu na illa un pequeno mosteiro nun principio ocupado polos templarios e máis tarde polos franciscanos, do que aínda quedan algúns restos.

Galería de imaxesEditar