Abrir o menú principal
Bilurico común
T. totanus en plumaxe reprodutora
T. totanus en plumaxe reprodutora

En plumaxe invernal na Reserva de Aves Acuáticas de Sungei Buloh (Singapur)
En plumaxe invernal na Reserva de Aves Acuáticas de Sungei Buloh (Singapur)

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Especie: Tringa totanus
(Linnaeus, 1758)
Distribuxión de T. totanus     Área de reprodución      Residentes      De paso      Non reprodutores

Distribuxión de T. totanus     Área de reprodución      Residentes      De paso      Non reprodutores
Sinonimia
  • Totanus totanus (Linnaeus, 1758)
  • Scolopax totanus Linnaeus, 1758
  • Tringa gambetta Linnaeus, 1758

O bilurico común[2] ou bilurico patirrubio[3] (Tringa totanus) é unha ave limícola de Eurasia da familia Scolopacidae. O nome do xénero vén do nome neolatino Tringa que lle deu ao bilurico alinegro (Tringa ochropus) Aldrovandus en 1599 baseándose no nome do grego antigo trungas, dado a unha ave mencionada por Aristóteles. O nome específico, totanus, vén de tótano, o nome italiano para esta ave.[4] En Galicia é unha ave invernante común.[2]

Descrición e sistemáticaEditar

 
Ave fóra da época de reprodución en voo na Lagoa de Venezia, Italia.
Bilurico común procurando alimento.

Os biluricos comúns en plumaxe reprodutora son de cor marón xaspeado, lixeiramente máis claros pola parte inferior. En plumaxe de inverno adquiren un ton algo máis claro e con menos xaspeado, sendo dun marrón cincento bastante uniforme e abrancazados pola parte ventral. Teñen patas vermellas e un peteiro tamén vermello e con punta negra, e mostran en voo un dorso branco e as beiras traeiras das ás brancas.

Diferénciase do bilurico escuro (T. erythropus), que se reproduce no Ártico, porque este ten un bico e patas máis longos e unha plumaxe reprodutora moi escura e unha plumaxe invernal moi clara. Esta especie non é un parente especialmente próximo do bilurico común, senón que pertence á liñaxe dos biluricos grandes de latitudes altas. Por outra parte, T. totanus está estreitamente emparentado co bilurico fino (T. stagnatilis), e é máis próximo aínda ao bilurico bastardo ou pintado (T. glareola). Os antepasados deste último e o bilurico común parece que diverxeron no límite entre o Mioceno e o Plioceno, hai uns 5 ou 6 millóns de anos. Estas tres especies das rexións subárticas ata as temperadas forman un grupo de biluricos máis ben pequenos que teñen patas vermellas ou amarelas, e na plumaxe reprodutora teñen xeralmente un suave ton marrón pola parte superior con algunhas manchas escuras e unhas manchas marróns pequenas algo difusas no peito e pescozo.[5]

SubespeciesEditar

Identificáronse varias subespecies, como son:

EcoloxíaEditar

O bilurico común é unha ave moi espallada nas zonas temperadas de Eurasia. É unha ave migratoria, que inverna nas costas arredor do Mediterráneo, na costa atlántica europea desde Irlanda e Gran Bretaña cara ao sur (incluíndo Galicia), e no sur de Asia. Fóra destas áreas poden aparecer como aves errantes pouco comúns; en Palau en Micronesia por exemplo, a especie foi rexistrada na metade da década de 1970 e en 2000.[11]

Son aves cautelosas e ruidosas que dan a alerta a todos os demais se hai perigo coa súa chamada alta e piante. Igual que a maioría dos limícolas, aliméntanse de pequenos invertebrados. Fan o niño en todo tipo de zonas húmidas, desde pradeiras pantanosas a marismas salinas, ás veces en grandes densidades.[12] Poñen de 3 a 5 ovos.

É unha ds especies ás que se aplica o Acordo para a Conservación das Aves Acuáticas Migrtorias Africano-euroasiático (AEWA).

Está amplamente distribuído e é bastante abondoso nalgunhas rexións, polo que non se considera que estea ameazado segundo a IUCN.[13]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. BirdLife International (2013). "Tringa totanus". IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2013: e.T22693211A50404828. doi:10.2305/IUCN.UK.2013-2.RLTS.T22693211A50404828.en. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2019. Consultado o 24 November 2016. 
  2. 2,0 2,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 388, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Pereira, Sérgio Luiz; Baker, Alan J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". The Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2. 
  6. Schiøler, E.L. (1919). "Om den Islandske Redben (Totunus calidris robustus)". Dansk Ornitologisk Forenings (en dinamarqués) XIII: 207–211. 
  7. Buturlin, S.A. (1934). Полный определитель птиц СССР [Polnyi Opredelitel Ptitsy SSSR] [Complete keys to the birds of the USSR] (en ruso). I: 88. 
  8. Oberholser, H.C. (1900). "Birds from Central Asia". Proceedings of the U.S. National Museum XXII: 207–208. 
  9. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Sandpipers, snipes, coursers". World Bird List Version 9.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 26 June 2019. 
  10. Hale, W.G. (1971). "A revision of the taxonomy of the Redshank Tringa totanus". Zoological Journal of the Linnean Society 50 (3): 199–268. doi:10.1111/j.1096-3642.1971.tb00761.x. 
  11. Wiles, Gary J.; Johnson, Nathan C.; de Cruz, Justine B.; Dutson, Guy; Camacho, Vicente A.; Kepler, Angela Kay; Vice, Daniel S.; Garrett, Kimball L.; Kessler, Curt C.; Pratt, H. Douglas (2004). "New and Noteworthy Bird Records for Micronesia, 1986–2003". Micronesica 37 (1): 69–96. Arquivado dende o orixinal o 5 May 2009. 
  12. Cadbury, C. J.; Green, R.; Allport, G. (1987). "Redshanks and other breeding waders of British saltmarshes". RSPB Conservation Review 1: 37–40 – vía https://www.researchgate.net/publication/299410567_Redshanks_and_other_breeding_waders_of_British_saltmarshes. 
  13. "Species factsheet: Tringa totanus". www.birdlife.org. BirdLife International. 2008. 

Véxase taménEditar