Ulisse Aldrovandi
Ulisse Aldrovandi, nado en Boloña en 1522 e finado na mesma cidade en 1605, foi un científico italiano.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1522 ![]() Boloña (Estados Pontificios) ![]() |
Morte | 4 de maio de 1605 ![]() Boloña (Estados Pontificios) ![]() |
Catedrático | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Padua Universidade de Boloña ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina, historia natural, botánica, entomoloxía e zooloxía ![]() |
Lugar de traballo | Boloña (1553 (Gregoriano)–1605) Padua (1548 (Gregoriano)–1549 (Gregoriano)) Boloña (1542 (Gregoriano)–1548 (Gregoriano)) Roma ![]() |
Ocupación | entomólogo, pintor, médico, pedagogo, profesor universitario, zoólogo, botánico, ornitólogo, naturalista, xeólogo ![]() |
Período de actividade | 1542 (Gregoriano) ![]() ![]() |
Empregador | Universidade de Boloña ![]() |
Profesores | Bernardino Tomitano (pt) ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Aelius Everhardus Vorstius e Gaspare Tagliacozzi (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Abreviación dun autor en botánica | Aldrovandi ![]() |
Abreviatura do autor en zooloxía | Aldrovandi ![]() |
Familia | |
Familia | Aldrovandi ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Biblioteca dixital BEIC ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo do conde Teseo Aldrovandi, secretario do Senado de Boloña. No ano 1529 quedou orfo. En 1538 peregrina a Roma e Santiago de Compostela. En 1539 comeza estudos de humanidades e leis nas universidades de Boloña e Padua.
En 1549 foi acusado de herexía polas súas relacións co anabaptista Camillo Renato e encarcerado en Roma durante 18 meses, durante ese tempo interésase pola botánica, zooloxía e a xeoloxía. En 1551 volve a Boloña, organiza numerosas expedicións para recoller plantas para a súa herboristería. En 1554 comeza a ensinar lóxica e filosofía na Universidade de Boloña, e en 1561 é o primeiro profesor de historia natural. Polos seus esforzos crease o Xardín Botánico de Boloña en 1568. En 1575 foi suspendido das súas actividades públicas durante cinco anos debido a unha disputa sobre a composición dunha menciña popular cos farmacéuticos e doutores de Boloña.
En 1577 solicita a axuda do papa Gregorio XIII, curmán da súa nai, para obter das autoridades de Boloña a restitución dos seus cargos e unha axuda financeira para editar as súas obras. Durante a súa vida formou amplas coleccións de botánica e zooloxía, que despois da súa morte pasaron ao museo da universidade.
Obras
editar- Ornithologiae, hoc est de vibus historia libri XII (1599)
- Ornithologiae tomus alter (1600)
- De animalibus insectis libri septem, cum singulorum iconibus ad vivum expressis (1602)
- Ornithologiae tomus tertius, ac postremus (1603)
- Historia serpenta et draconi
-
De piscibus, 1661