Harry C. Oberholser

ornitólogo estadounidense

Harry Church Oberholser, nado o 25 de xuño de 1870 en Brooklin, Nova York, e finado o 25 de decembro de 1963 en Cleveland, Ohio, foi un ornitólogo estadounidense.

Harry C. Oberholser
Nome completoHarry Church Oberholser
Nacemento25 de xuño de 1870
Lugar de nacementoBrooklin, Nova York
Falecemento25 de decembro de 1963
Lugar de falecementoCleveland, Ohio
SoterradoGlendale Cemetery
Nacionalidadeestadounidense
Alma máterColumbia University
George Washington University
Ocupaciónornitólogo
CónxuxeMary Forrest Smith
OrganizaciónUnited States Fish and Wildlife Service
Cleveland Museum of Natural History
Na rede
Find a Grave: 85484398 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Harry Oberholser naceu o 25 de xuño de 1870, en Brooklyn, Nova York. Asistiu á Universidade de Columbia e obtivo en 1914 títulos na George Washington University. Casou con Mary Forrest Smith o 30 de xuño de 1914. Oberholser recibiu o doutoramento en 1916.[1]

Desde 1895 a 1941, foi empregado do United States Bureau of Biological Survey (Oficina de Investigación Biolóxica dos Estados Unidos) (máis tarde United States Fish and Wildlife Service (Servizo de Peixes e Vida Silvestre dos Estados Unidos) como ornitólogo, biólogo e editor.[1]

En 1941 foi nomeado conservador de ornitoloxía no Museo de Historia Natural de Cleveland.[1]

Oberholser foi o autor de varios libros e artigos. Morreu o 25 de decembro de 1963.[1]

Obras editar

Taxons descritos editar

A Oberholser débense as primeiras descricións de once familias e subfamilias na clasificación biolóxica, así como 99 xéneros e subxéneros, e 560 especies e subespecies.

Algúns xéneros descritos por Oberholser editar

Algunhas especies descritas por Oberholser editar

Epónimo editar

Empidonax oberholseri, un paseriforme da familia dos tiránidos, foi nomeado na súa honra.[1]

Abreviatura editar

A abreviatura Oberholser emprégase para recoñecer a Harry Church Oberholser como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Biografía Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Handbook of Texas: Bibliography: Austin American-Statesman, 29 de setembro de 1974. Who's Who in America, pp. 1948–1949.[1]
  • John W. Audrich (1968): "In memorian: Harry Church Oberholser", The Auk, 85: 25–29.[2]
  • Harry Church Oberholser: Autobiography[3]
  • Bo Beolens & Michael Watkins (2004): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate, Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5, p. 256.
  1. Online Edition Handbook of Texas.
  2. Online Edition Auk PDF.
  3. Online Autobiography