Comarca de Ortegal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A comarca de Ortegal[1] é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.
Comarca do Ortegal | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Área | 392,1 km² |
Poboación | 12.942 hab. (2014) |
Concellos | Cariño Cerdido Mañón Ortigueira |
Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.
DemografíaEditar
Censo total 2014 | 12.942 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 962 (7.43 %) |
Entre 15 e 64 anos | 7.392 (57.12 %) |
Maiores de 65 anos | 4.588 (35.45 %) |
ConcellosEditar
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca do Ortegal.
NotasEditar
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |