Abrir o menú principal

A Barqueira, Cerdido

parroquia civil do concello de Cerdido

Santo Antonio da Barqueira é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal.

A Barqueira
Igrexa da Barqueira.JPG
Igrexa de Santo Antonio da Barqueira
Mapa A Barqueira.PNG
ConcelloCerdido
Poboación580 hab. (2016)
Entidades de poboación46

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

PoboaciónEditar

Segundo IGE no ano 2016 tiña 580 habitantes (277 mulleres e 303 homes), distribuídos en 46 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 680 habitantes.

XeografíaEditar

A Barqueira esténdese pola marxe esquerda do río Mera e o seu afluente o Casás. Limita ao norte coa parroquia de Montoxo do concello de Cedeira; polo nordeste o regato Guitín sepáraa da parroquia ortigueiresa de Mera de Arriba até a Fervenza; polo leste linda con esta mesma parroquia de Ortigueira separada polo río Mera e coa parroquia dos Casás separada polo río do mesmo nome. Polo sur linda coa parroquia de San Xoán de Moeche no regato que baixa das Cabanas e desauga no Casares, seguindo o linde polo regato Vilachave ate o lugar da Barbelas. Finalmente polo oeste limita coa parroquia de Cerdido.

A estrada AC-682 de Ferrol a Ribadeo atravesa esta parroquia pola súa parte occidental de norte a sur polos lugares de Casavella, Guelle, Cruz Encarnada, Feal, Barbas, Lubeira, Felgosa e Barbelas.

Dende o lugar de Felgosa sae a estrada que vai a Espiñaredo e desde ese mesmo lugar sae percorrendo o val do Rioforcado outra estrada até Porto do Cabo.

A liña de FEVE Ferrol- Xixón pasa pola parte oriental da parroquia bordeando os rios Mera e Casares. A estación que leva o nome de Cerdido está no lugar de Sollen, preto da estrada a Espiñaredo

PatrimonioEditar

No lugar de Felgosa atópase a moderna casa do Concello a beira da estrada AC-682. No lugar de Porto está a igrexa parroquial de recente construción e mais un escolar de indianos. Neste mesmo lugar existe un extenso campo de feira, moi concorrida noutros tempos.

Esta parroquia ven sendo o núcleo comercial do concello xa que celebra cada mes a feira do municipio. Na actualidade a celebración desta feira é o primeiro fin de semana de cada mes pero tradicionalmente celebrábase o día 6.[1]

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. Diccionario xeográfico, estatístico e histórico de España de Pascual Madoz (tomo VI, páx. 325) de 1845-1850.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar